Baixas na cúpula da Xunta por mor das listas do PPdeG

Os catro delegados provinciais, o delegado de Vigo, a directora de Turismo e o xefe de Gabinete de Presidencia deixan os seus postos porque son incompatíbeis con ser candidatos nos comicios autonómicos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2016 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta ratificou o cesamento de dez altos cargos do Goberno galego que figuran nas listas do PPdeG para as eleccións autonómicas do 25 de setembro.

Susana López Abella Secretaria xeral da Igualdade
Susana López Abella Secretaria xeral da Igualdade

O Executivo galego celebrou unha reunión extraordinaria na mañá deste luns, presidida polo presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, na que aprobou o decreto para que dez altos cargos que se presentan polos populares aos comicios do próximo mes cesen das súas funcións.

Deste modo, abandonan o seu posto os delegados da Xunta nas catro provincias --Diego Calvo (A Coruña), Raquel Arias (Lugo), Marisol Díaz (Ourense) e José Manuel cores Tourís (Pontevedra)--. Calvo e Díaz lideran as listas coruñesa e ourensana, respectivamente; mentres que Arias e Tourís ocupan os postos tres e oito nas candidaturas das súas provincias.

Tamén cesan nas súas funcións o responsable territorial do Goberno galego en Vigo, Ignacio López-Chaves (número once na lista de Pontevedra), o director xeral do Gabinete de Presidencia, Álvaro Pérez López (dez pola Coruña), ou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen ocupa o noveno posto na candidatura pontevedresa.

Así mesmo, o decreto tamén afecta aos directores xerales de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; de Administración Local, Alberto Pazos; e de Igualdade, Susana López Abella; que se presentan de número catro por Ourense, 13 por Pontevedra e sete por Lugo, respectivamente.

O pasado venres, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, presentou as candidaturas provinciais dos populares para as eleccións do 25 de setembro, marcadas pola presenza de grande parte dos membros do actual Goberno galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 telmo

Peeperos na provincia de Ourense son os mais caciques de todo partido.