Localizados artefactos incendiarios en montes de Xinzo de Limia e Ponte Caldelas

A Garda Civil e efectivos municipais atopan dous tipos diferentes de aparellos para prender lume.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2016 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

A Garda Civil e efectivos municipais confirmaron a localización de dous tipos diferentes de artefactos incendiarios en montes da localidade ourensana de Xinzo de Limia e na pontevedresa de Ponte Caldelas.

Artefacto incendiario atopado no monte
Artefacto incendiario atopado no monte | Fonte: Garda Civil.

En concreto, axentes da Garda Civil de Ourense que atopaban realizando labores de vixilancia e prevención de seguridade cidadá, localizaron no punto quilométrico 196,3 da N-525, en Xinzo de Limia, un conato de incendio dun metro cadrado de extensión, que afectaba a herba seca e follas.

Tras extinguir o lume por medios mecánicos, os axentes observaron un obxecto que se atopaba no interior da superficie queimada e que resultou ser un artefacto incendiario formado por un parafuso de grandes dimensións que tiña pegados mistos e unha mecha. A Garda Civil busca o responsable ou responsables deste suceso.

Por outra banda, o Concello de Ponte Caldelas informou de que arredor das 20.00 horas deste venres caeron sobre a parroquia de A Reigosa dous "paracaídas incendiarios, presuntamente lanzados dende unha avioneta".

O alcalde, Andrés Díaz, expresou o seu agradecemento aos veciños que, coa súa rápida intervención, apagaron o conato de incendio que se iniciou na zona, próxima a vivendas e a dous polígonos industriais.

Os artefactos, compostos por un paracaídas, cordeis e cilindros de material combustible ardendo foron entregados á Garda Civil de Ponte Caldelas para que investigue os feitos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta