Dúas novas enquisas dan maioría absoluta a Feijóo e meten a Ciudadanos no Parlamento

As sondaxes de Infortécnica e NC Report dan unha ampla maioría conservadora e manteñen o PSdeG como segunda forza, a diferenza da enquisa de Sondaxe, que sitúa os socialistas terceiros e a suma das forzas da esquerda con posibilidades de gobernar.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/08/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Dúas novas sondaxes electorais realizadas por Infortécnica e NC Report ofrecen resultados moi distintos dos presentados por Sondaxe, cuxa enquisa sitúa o PP con 37 escanos —dos 75 da Cámara galega— e coloca as forzas de esquerda co resto de parlamentarios, o que abriría as portas a un goberno progresista con En Marea con 18 representantes, PSdeG con 15 e BNG con 5. Pero o escenario que debuxan as sondaxes de Infortécnica e NC Report é radicalmente distinto. Ambas as dúas coinciden en darlle a maioría absoluta ao PP, con 38-41 escanos, e introducen a Ciudadanos no Parlamento galego, que podería obter até dous parlamentarios. Ademais, coinciden tamén en manter o PSdeG como segunda forza política no país, a diferenza de Sondaxe, cuxos resultados relegan os socialistas ao terceiro posto polo ascenso de En Marea.

Datos globais e por provincias da enquisa electoral de NC Report comparados cos resultados dos comicios autonómicos de 2012
Datos globais e por provincias da enquisa electoral de NC Report comparados cos resultados dos comicios autonómicos de 2012 | Fonte: Electograph.

Na sondaxe de NC Report, para o xornal La Razón, a estimación de voto para o PP é do 44,6%, co que acadaría 39 escanos e maioría absoluta, aínda que serían dous menos que os conseguidos nas eleccións de 2012. Ademais, a dereita veríase reforzada en Galicia coa estrea de Ciudadanos na Cámara galega, co 5,2% dos votos e dous representantes, un pola provincia de Pontevedra e outro pola da Coruña.

No lado da esquerda, o PSdeG manteríase como segunda forza —evitando o sorpasso— cunha estimación de voto do 19,1% e 17 parlamentarios (só un menos que nas eleccións pasadas); mentres que En Marea neste caso sería a terceira forza, co 18,8% e 15 escanos. Nesta sondaxe, o BNG desplómase, conseguindo só dous representantes, cunha estimación de voto de tan só o 5,3%, quedando á par que Ciudadanos.

Na enquisa de Infortécnica, para La Región, os resultados para os grandes partidos son moi semellantes que os dados por NC Report. Así, o PP acadaría 38-41 escanos e o PSdeG, 17-19. En Marea tamén sería aquí a terceira forza, pero con menos representantes que na sondaxe de NC Report, acadando só 11-12, e o BNG, sen embargo, resistiría e acadaría 5-6 escanos, polo que é doado deducir que entre ambas as dúas enquisas a diferenza radica nun posible transvase de electores entre En Marea e o Bloque. Finalmente, nesta sondaxe tamén aparece Ciudadanos con 0-2 escanos.

Así as cousas, temos a enquisa de Sondaxe, na que a dereita quedaría só representada por un PP gañador das eleccións, pero con 37 escanos, e a esquerda sumaría 38, poidendo gobernar nun tripartito liderado por En Marea e completado por PSdeG e BNG; e por outro lado, os resultados de Infortécnica e NC Report, que coinciden en darlle maioría absoluta a Feijóo e os seus, e amplo apoio social á dereita coa aparición tamén de Ciudadanos, mentres que a esquerda quedaría en clara desvantaxe, se ben o PSdeG salvaría os mobles, mantendo un resultado semellante ao dos comicios de 2012.

Datos globais e por provincias da enquisa electoral de Infortécnica comparados cos resultados dos comicios autonómicos de 2012
Datos globais e por provincias da enquisa electoral de Infortécnica comparados cos resultados dos comicios autonómicos de 2012 | Fonte: Electograph.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

10 Rocío

En vez de falar das enquisas, era maior falar de queNes están detrás de esas enqusas interesadas onde o PSdeG perde o segundo posto. Para que todos votemos o PP coma único partido estable. NON ME ENGANAN

9 Non sondeado

Caramba coas empresas de sondaxes madrileñas! Resulta que agora o seu labor primordial é tirar polo BNG. Xa non é o enimigo a batir. Pola contra é a forza política que hai que botar para diante. O fundamental é sacarlle apoios á Marea e manter a Feijóo na Xunta. Toda unha gran alianza: La Voz de Galicia-gabinetes demoscópicos de Madrid-PPde G, máis un BNG, derrotado, mais encantado.

8 nostrus

O mellor seria que o PP precisara de C´s, asi Feijoo tiraria a sua mascara nacionalista que pon para adormecer a ese electorado e os galegos sairiamos gañando porque haberia mais liberdade porque non se entrometerian tanto nas nosas vidas. Si a maioria se fai coa intervencion dos nacionaticos teremos unha etapa de intervencion nas nosas vidas da moral nacinalista. Non é que o PSOE sexa expresamente nacionalista, pero pasalle igual que o PP e disfrazase de nacionalista para facerse co amor dos naciotas.

1 José

Deixa o estramonio, p-irao

2 nostrus

Jose, comprendo que te resulte mas facil llamarme pirado que demostrarme que estoy equivocado. el nacionalismo solo es una secta encaminada a conseguir que Galicia tenga una determinada identidad colectiva diseñada por ellos, ¿cierto o no?. Ese objetivo de ingenieria social va contra la libertad de las personas y en su perjuicio. Imagina que el nacionalismo andaluz se fanatice con la siesta y pone medidas para que la gente eche la siesta para proteger su cultura. Pues sucederá que tendrán que echar la siesta los que quieran y los que no quieran, ¿que es mas importante el derecho de las personas o la cultura de la siesta?. Pues aqui intentan hacer lo mismo con la lengua y no se conforman con que estudien en gallego los niños que lo deseen sino que tendrán que hacerlo tambien los que no lo deseen por el bien de la lengua.

3 José

Non te fagas o razonable e dialogante. És ti quen emprega termos como "nacionático" e "nacinalista", sospeito que como claro dano colateral provocado polo abuso de estupefacientes

4 Xanti

un nacionalista español fanático facéndose o digno...

5 nostrus

Vaia por Deus, agora vai ser que tedes un corazon moi sensible e eu teño que aturar constantemente pola vosa parte acusacions de feixista e falanxista. Si tanto vos importan os galegos preferiredes que usen a lingua que os galegos prefieran. Para que non se perda o galego abonda con que haxa xente que o use e que sexa oficial, pero non é preciso que tododeus teña que usalo. Eu prefiero que Galicia teña como feito identitario o uso da liberdade na sua maior expresion posible. Imaxina que un partido ultracatolico entra no Parlamento e esixe unha misas minimas para que non descenda a fe católica. A fe católica que teña o seguimento que a xente lle queira dar, nada mais. O nacionalismo é unha relixion cunha determinada moral.

7 Mareante

Queda moita campaña. A traballar.

1 anonimo

Non hai nada que facer, o circo que fixo En Marea xa non ten arranxo, as frikadas das Mareas en comun, a desconexión coa cidadanía vaise pagar moi cara...espero que os responsables desaparezan da vida política, empezando polos frikis de Mareas en comun.

6 Tone sen Pan

Hai que mobilizar o electorado do PP co do sorpaso dos "rebeldes" de salón. Xa dimitiu Angela Pan e os da canción do coro que lle coreaba o insulto á testigo de Jehová ou pa que quieres sabarlo jaja