Vazquez puentea a Feijóo

O secretario xeral do PSdeG xa avanzou o que percibirá Galicia na financiación autonómica; 622 millóns de euros...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/07/2009 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

Para o PP, as contas, aínda que non son malas, non recollen a variante da emigración, un feito que utilizará o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, para rexeitar o modelo. Ademais, os presidentes autonómicos populares agardan a realizar unha valoración profunda á espera dunha postura común por parte da dirección do seu partido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

12 anónimo

Por certo, si necesitas bibliografía, estóu disposto con todo respecto e sinceridade a darche referencias de autores que estudaron a monopolización catalana da economía española protexida polo Estado. Autores nada sospeitosos de ser pro-madrileños ou de dereitas, aclaro.

11 anónimo

Mira, non che vou entrar a ese trapo: si na miña aldea o rico quere que lle asfalten o camiño diante da casa, ter un médico para el só, e que lle arranxen o louxado cos fondos do concello (e os demáis que se fodan) porque él paga máis impostos, pois vale, aceptamos BARCO. E os demáis, que pagan o mesmo que él (xa sabes, impostos directos e indirectos), a velas vir.
Sobre o de Porriño e Nogueira de Ramuín, saes con ZELTIA. Si queres falamos de empresas catalanas que fan o mesmo, de como desaparece Fenosa e o monopolio enerxético, de como se fixeron ca pesca das nosas costas a cambio das sobras de viño (Lé a Cornide Saavedra, é moi edificante). Levan séculos cun mercado monopolizado, cos gobernos de turno apoiando e lexislando en favor deles (sí, tamén de MAdrí, é certo, pero estes non me veñen con que son tan diferentes e teñen X dereitos máis ca mín), con Monopolios no comercio Americano, con ARANCEIS PROTECCIONISTAS, xa que falas das telas tan "competitivos" (repasa a historia do XIX, please), mira que bós que poideron cos ingleses que fabricaban Á metade de precio e máis rápido. E con PAco, digas o que digas, creceron moitísimo a conta dos pobres de sempre. Sobre a represión, fala con estremeños, valencianos, andaluces, etc.. a eles non lles pasóu nada (já). Con todo isto non quero dicir que non saiban o que fan, pero non ves as axudas que tiveron: NON HAI PEOR CEGO QUE O QUE NON QUERE VER OU NON SABE MÁIS.

10 un

Os cataláns levan competindo en Europa toda a vida, incluso antes de que entrasemos na UE. Temblaban os de Milán cando lles falaban dos tecidos cataláns, o turismo a grande escala competiu con Francia en turismo de verán e de inverno co turismo de masas en España iniciado en Cataluña, o deseño, industria farmacéutica, ...Cando Paco o de Ferrol non nacera Cataluña era a comunidade máis rica de España.
Xa que falas do Porriño, unha empresa dalí, Zeltia solicitou axudas I+D+I á comunidade europea, tratábase de facer quimioterápicos con base nos alcaloides das algas, algún deles xa en estudio clínico para os tumores mesenquimais (yondelis). O tema é interesante e viñeron miles de millóns, traballo para perto de 500 profesionais de alta cualificación Médicos, Farmacéuticos, Biólogos, Químicos,... máis o goberno español dixo que os cartos se recibían se Zeltia se instalaba nun parque tecnolóxico de I+D+i en Colmenar Viejo en Madride, onde está agora con milleiros de millóns e postos de traballo cojonudos. Así aconteceu e acontece con milleiros de inversións de europa que deben activarse desde Madrid.
Saca as conclusións que queiras estimado anónimo, máis Cataluña dá máis do que paga en impostos, e Madrid leva 300 anos chupando do bote de ser a capital e chupando de todos os españois, con infraestruturas faraónicas (léase T4, os tuneis da M30, a M40, o intercambiador de Sol que costa máis que a cidade da cultura..., la caja mágica.etc,etc,etc..) mentres nós como borregos andamos falando de que qué egoistas son os cataláns e tal. A 500 km de Madrid económicamente falando só está o deserto con eso sí, Madrid como capital chupando milleiros de recursos. Alguns déficits, como déficits sanitarios en Castela-Leon ou A Mancha, son de xulgado de garda.
Pero nada, nada, a culpa é dos cataláns e de Franco que seica lles quería moito e os fixo ricos, cecais por iso adicouse no 1939 a facer a represión máis brutal, pobo a pobo, persoa a persoa que se recorda neste pais desde o antigo réxime.

9 anónimo

Un, entón Porriño, cheiño como está de naves industriais e poboación activa pode reclamar o mesmo respecto de, digamos, Nogueira de Ramuín, todos vellos pensionistas e non-productivos (con perdón). E se empezamos a remontarnos a Roger de Flor pois veña, todo vale, non? saimos con Lucus, Mainaké, Emporion, Emérita Augusta, Medina del Campo...total, xa postos. A ver, as taxas que pagan en Barcelona son as mesmas ou non?. E que os máis ricos queren vantaxe? Ou sexa, que paguemos todos igual de impostos pero se repartan máis onde hai máis industria? Daquela revertirán todo o que lles montóu Paco o de Ferrol para telos contentos? Si non queren repartir equitativamente segundo as necesidades de cada un e buscando a IGUALDADE PARA TODOS (Sanidade, educación, comunicacións, etc...) e ter millores carreteiras, universidades, sanidade, etc... que os demáis? Si somos un choio, o mercado natural deles (que vaian competir a Europa adiante, xa verás).

8 un

Os cataláns pagan impostos coma os de Viana do Bolo, pero estamos falando de cantidade...
Cando Madride era unha aldea de cabreiros Barcelona era unha das capitais do comercio do Mediterráneo, eso non o gañou "con los impuestos de los españoles". Todo o que ten Madride desde que é capital de España si que foi "con los impuestos de los españoles", senón sería unha aldea de cabreiros na provincia de Alcalá de Henares.