No PSdeG tamén hai boinas e birretes

O líder do PSdeG non acaba de pechar a estrutura e o organigrama do novo PSdeG. A pesar de ser un home de partido e controlar perfectamente as engranaxes do mesmo non dá coa fórmula axeitada para que non haxa ciumes entre a familia socialista galega...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/09/2009 | Actualizada ás 09:28

Comparte esta noticia

None

Sen embargo, e a pesar da contestación interna, o novo "vazquismo" conta con apoios importantes, principalmente, nas comarcas do interior. Algúns dos seus principais valedores critican que haxa xente no partido que queira facer valer o seu "pedigrí" fronte as comarcas do interior. "Aquí non hai socialistas de primeira nin de segunda, todos somos do PSdeG, a pesar de que algúns pensen que por estar nunha cidade e ter un grupo de incondicionais xa lle poden impoñer o que queiran á dirección", apunta unha deputada.

Para coñecer a procedencia duns e doutros hai quen, ironicamente, bota man da lingua e fai paralelismos que non son de todo axustados ao sinalar que os principais vazquistas son galegofalantes, fronte aos grandes dirixentes urbanos que falan castelán. Con todo, o certo é que a polarización do novo socialismo entre os rurais e os urbanitas existe, aínda que só se manifeste en determinados puntos, principalmente, en Vigo e A Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

28 anónimo

ti como profeta non tes precio... xa temos ao médico (Pachi), quen pode facer de enfermeira, para ver a cor da orina?

27 anonimus

Eso non o sei,o que si sabemos e que có actual ¿líder? Panchón Vázquez ides pasar dos 25 aos 10 escanos.Có Panchito Vázquez,todo é posible.

26 Cabaleiro

undetal,

olvidate das paridas que filtra a Esther para intentar amarrar o escano que xa lle traslaron que este xogo quedalle moi grande e avisarona de sigue a tocar os Kinder vai quedar ata sin a vaca que esta a muxir. Por certo o coitadiño do Alejandro no fai falta darlle bolilla que xa se ridiculiza bastante el só

25 anónimo

siiii, en cambio o pepé, con esas lumbreiras que o dirixen, vaise converter no partido único, coma en tempos de pepe castro

24 anonimus

Tic,tac,tic,tac... o psdg vai pasar a ser un partido residual,se no benegaga foran listos deixarian de lado aos seus socios do psdg pero tanto o benegaga coma os sociolistos necesitanse mutuamente,pois que sigan así que ata o fin dos días non volveran a tocar pelo,coitados.