SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2016 | Actualizada ás 10:57 por EUROPA PRESS
O tripulante dun barco pesqueiro con base na localidade coruñesa de Sada faleceu durante a madrugada deste xoves tras caer ao mar.
Segundo informaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, a central de emerxencias recibiu sobre as 1,18 horas da madrugada a chamada de alerta do pesqueiro, que atopaba faenando nas costas coruñesas, indicando que un dos tripulantes se atopaba inconsciente.
Os seus compañeiros contaron que, por causas que se descoñecen, o home, de 26 anos, caera ao mar e permanecera na auga en torno a cinco minutos, ata que conseguiron traelo de novo a bordo. Aínda que iniciaron de inmediato as manobras de reanimación, o mozo non recuperou a consciencia.
Ata o lugar foi mobilizado o Helimer 209, que rescatou ao mozo e trasladouno ao Aeroporto de Alvedro, onde chegou en torno ás 2,30 horas da madrugada. Pola súa banda, o 061 desprazou o aeródromo, en Culleredo, a unha ambulancia medicalizada, cuxo persoal médico certificou o falecemento do mozo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.