Para EU:
Sería bo que leses o comunicado que fixo o Colexio de Xornalistas relacionado cunha actuación de Antón Losada.
Rexeitou abertamente a súa maneira de dirixirse ao director de EL Correo Gallego para esixirlle que rectificase un artigo de opinión do xornalista Luís Pérez.
Andas despistadiño, EU. Ou mellor, non queres saber, porque tes unha idea preconcebida e non queres que os feitos a boten abaixo.
Que unha institución de dereito público, creada por lei no Parlamento, reciba da administración axuda económica para levar a cabo actividades de formación e de seguimento crítico dos medios de comunicación, non ten nada de raro. É unha obriga da administración facelo coa transparencia esixida. Son diñeiros públicos, non son propiedade da Xunta.
¿Non che parece? Seguro que non. Ti xa tes o teu xuizo negativo redondeado. A verdade das cousas é o de menos.
Así que o diálogo é improdutivo.Non vale a pena seguir.