Para o EU:
Vega é amigo das causas xustas e democráticas. Por iso considero amigo, aínda que non o trate moito. Polo que demostrar ser (e polo que demostras carecer), o que me espantaría ser é amigo teu.
Non sei se sabes que o movemento demóstrase andando. No compromiso diario. E Vega teno demostrado con creces. Mentres outros comían as patacas que lles dabn Fraga e Pérez Varela (dentro da TVG e fóra, nos demais medios de Galicia sen apenas excepción), el arriscou máis do que tí sabes (a ignorancia tamén é fonte de inxustiza e maledicencia) para que a casa na que traballa teña a liberdade que os seus profesionais honestos (érelo tí?) necesitaban para sentirse seguros. E segue facéndoo agora (¿que máis probas queres que esta protesta contra os premios máis indecentes que dá o poder político comandado por PSOE e BNG?).
Quen non se entera es ti. Onde pensas que se faría escoitar o Vega se non vai á convocatoria do xurado e deixa por sentado, antes de empezar a deliberar sobre supostos premiables, cal é a súa posición. Sobre todo, porque concorda coa promesa incumprida do secretario xeral de Comunicación en sede parlamentaria hai un ano: anunciou que nunca máis convocaría estes premios, porque é humillante para os xornalistas que procedan do poder político do que se supón que deben ser o contrapoder.
Mírate ao espello da honestidade e da decencia persoal. Seguramente descubras que necesitas unha liposupción interior.
A mala conciencia xoga perores malas pasadas, EU.