Vega arremete contra os premios da Xunta

O decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Xosé Manuel Vega, abandonou hoxe a xuntanza do xurado dos 'Premios Galicia Comunicación 2006' tras ler unha carta na que denunciaba a súa desconformidade coa concesión de premios aos xornalistas e aos medios de comunicación por parte dos poderes políticos xa que "é impropia dun sistema democrático". Non é a primeira vez que Vega denuncia esta práctica política, especialmente, durante a época de Fraga. Podes consultar a misiva aquí.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/11/2006 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

9 sihomesi

Non sei como se poden facer valoracións tan á lixeira e dende o punto de vista persoal dunha persoa da integridade de Vega. Ten demostrado en numerosas ocasións que non só non é ningún aburguesado que viva da Galega, como din algúns, senón que sempre destacou pola súa belixerancia democrática contra o que non considera xusto. É o caso da iniciativa lexislativa popular que defendeu no Parlamento na época de Fraga -o que lle custou fortes críticas sectaria- e agora, co PSOE e o Bloque na Xunta, demostrao novamente ao censurar uns premios que, obxectivamente, non teñen sentido de seu. Unha censura que, por outra parte, xa teñen compartido nestes anos moitos dos seus compañeiros de labor -mesmo algún premiado-.

8 eu

Amigo Galego:

Veo que no te enteras. Tu amigo Vega aceptó, como todos los miembros de los distintos jurados convocados para los Premiso Galicia de Comunicación, su participación en uno de ellos.

Y es más. También fue Jurado el pasado año. ¿Qué pasa? ¿Que antes los Premios Galicia no eran antidemocráticos?.

Y otra antes de terminar. ¿A qué te suena el Premio convocado por el CPXG conjuntamente con la Consellería de Industria?. Ese sí que es democrático, ¿eh?.

Como dice Kaiman, qué noxo dades.

7 Kaiman

É abraiante que os mesmos que se abrazan ás farolas políticas e que viven felizmente dos cartos públicos, aparcando supercoches na entrada da TVG, veñan agora a dar clases de democracia. Que mellor premio para eles que viviren a conta da TVG? Que noxo.

6 Kaiman

5 Kaiman