Ese eu sóame a caiqueo barato. Que non apoie esa renuncia expresa do decano dos xornalistas contra unha iniciativa tan perversa como esa de que o poder político premie aos que, cando menos en teoría, deben ser os seus críticos, é sospeitoso. Atreveríase ese EU a dicirlle ao poder político de turno, antes con Fraga e agora con Touriño e Quintana, o que o decano se atreveu a dicirlle, antes e agora, respecto das súas prácticas antidemocráticas? ¿Ou preferiría que todo o mundo siga andando a gatas, el o primeiro, e que ninguén levante a voz contras esas prácticas corruptas?
O decano, pola información que me chega, non aceptou participar no xurado que presidía o director xeral de Fernando Salgado. O que fixo foi acudir para posicionarse en contra dos premios e abandonar de seguido a reunión, esixindo que o seu escrito, no que ademais fai un repaso de todo o que o BIPARTITO (PSOE e BNG) está traizoando en materia de comunicación e información.
Convenios coa Vicepresidencia? ¿Compara EU un convenio para que o CPXG leve a cabo iniciativas a prol dos grandes temas que a sociedade e os profesionais deben debater sobre as maneiras en que os medios de comunicación incumpren as súas obrigas sociais, cos convenios económicos, puramente especulativos e non sociais que asina o bipartito cos empresarios de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, e todo o largo etcétera?
Vaites! O diñeiro público que o CPXG utiliza para a defensa dos dereitos informativos da cidadanía e para a dignificación dos xornalistas mediante cursos e debates para incrementar a súa cualificación e o seu niven de esixencia, non só non é un pecado, como insinúe UE, senón que é xusto e lexítimo.
Quen como EU razona desa maneira, negándose a sí mesmo o que é de dereito e de ética profesional e cívica, non merece ningunha consideración.
Témeome que nin sequera merecería esta resposta.
Ben polo Colexio de Xornalistas, o único que está poñendo ao descoberto as tropelías que en temas de comunicación está levando a cabo este Goberno (PSOE e BNG).