O administrador de Rojadirecta queda en liberdade coa obriga de comparecer ante o xuíz

Foi detido este xoves tras o xuízo pola demanda que interpuxo Canal+ contra a web

Por E.P. | A CORUÑA | 28/10/2016 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

O administrador de Rojadirecta, Igor Seoane, quedou en liberdade coa obriga de comparecencias mensuais ante o xuíz, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) despois de que este xoves fose detido.

Sitio web de Rojadirecta.
Sitio web de Rojadirecta.

A súa detención produciuse tras comparecer no Xulgado do Mercantil número 1 de A Coruña en relación co xuízo pola demanda que interpuxo DTS (Canal +) -adquirida por Telefónica- contra a súa empresa por unha suposta infracción de dereitos de propiedade intelectual en relación cos enlaces para eventos deportivos que se ofrecían dende a web.

O arresto, durante un receso da vista, produciuse por orde do Xulgado de Instrución numero 1 da Coruña e no marco dunhas dilixencias que foron declaradas secretas.

A investigación dos feitos polos que finalmente foi detido iniciouse o ano pasado. Tras a súa detención, pasou a disposición xudicial na tarde do xoves. Posteriormente, quedou en liberdade coa obriga de comparecer mensualmente no xulgado.

PREITOS DA WEB

Trataríase dunha causa allea aos preitos que a web mantén tras as denuncias de Mediapro e DTS polos contidos de Liga profesional española e francesa supostamente infractores que aparecían nela.

O testemuño do administrador de Rojadirecta tivo lugar este xoves despois de que o pasado 26 de novembro de 2015 o Xulgado do Mercantil número un de A Coruña decretase o peche preventivo da páxina de Internet en todos os seus dominios.

O administrador único da web accedeu ao Xulgado do Mercantil Número 1 de A Coruña con casco de moto para ocultar a súa imaxe na vista oral, onde for a citado para un interrogatorio de parte. Ante o tribunal, asegurou que a única fonte de ingreso da súa empresa procedía das casas de apostas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta