Temas: SIRIA

Os sete mariñeiros sirios agardan obter pronto asilo político

As persoas a bordo do mercante Lady Boss aseguran que fuxiron de seren reclutados polo Exército e que non teñen intención de quedarse aquí, senón emigrar a Alemaña. Interior admite a trámite a súa solicitude.

Por Galicia Confidencial | Marín | 18/11/2016 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Os sete mariñeiros sirios que chegaron ao porto de Marín a bordo do buque Lady Boss e que solicitaron asilo político en España poderían recibir a resolución ás súas peticións entre este venres e sábado xa que, "en teoría, o prazo legal máximo é de 72 horas", segundo explicou un dos avogados que os representa, Gregorio Cantón.

Sirios abordo do Lady Boss en Marín
Sirios abordo do Lady Boss en Marín | Fonte: crtvg

No caso de que fosen admitidas a trámite as demandas dos sete tripulantes sirios, o resultado tardaría uns tres meses pero "o normal é que llo vaian a conceder", engadiu o letrado.

ESCAPARON DE SER RECLUTAS

Tras a intervención dos axentes da Brigada de Estranxeiría da Policía Nacional de Pontevedra, os tripulantes agardan desde onte a resolución á súa solicitude, para o que argumentaron que teñen "medo" a regresar ao país ao que aseguran pertencer debido á guerra que afecta a Siria.

"Fai cinco anos foron a recrutarlles ás súas casas", explicaron a Gregorio Cantón sobre o seu rexeitamento para combater neste conflito, que motivou que algunhas das súas familias exiliáronse.

"O que motivou a súa decisión para pedir asilo foi que a compañía lles comunicou que ían volver a Siria", sinalou Cantón, sobre o próximo porto no que este barco --con bandeira de Comores-- faría escala, tras deixar o Marín o cargamento de pedra que traía nas súas adegas. Con todo, ningún deles, con idades comprendidas entre os 25 e os 45 anos, manifestou pertencer a unha etnia ou grupo relixioso perseguido.

"Son cidadáns sirios, non implicados en ningunha minoría", sinalou un dos seus avogados en declaracións a Europa Press.

BOA SITUACIÓN

O avogado Gregorio Cantón tamén explicou que a situación na que se atopan os sete cidadáns sirios é "boa". Así, Cáritas ofreceulles axuda que, polo momento, non se fixo efectiva porque dispoñen de víveres para "tres ou catro días máis".

Excepto os sete solicitantes de asilo, o resto da tripulación, -outras nove persoas- poden saír do barco, que está custodiado por axentes de seguridade privada contratados pola empresa consignataria. De feito, o propio capitán desprazouse a pasada xornada a un supermercado para adquirir algúns produtos, precisou Cantón.

O que non se produciu aínda é ningún contacto por parte de Ong como Cruz Vermella ou ACNUR, que "outras veces si" se interesaron por casos similares. Gregorio Cantón atribuíu esta circunstancia á "discreción" coa que se está actuando por parte da Administración.

É a primeira vez que o porto de Marín recibe solicitantes de asilo de orixe siria, rexistrándose casos de polisóns procedentes de países como Alxeria ou Costa do Marfil.

A intención inicial destes solicitantes de asilo --que están legalmente enrolados no Lady Boss e teñen pasaporte en vigor-- "non é quedar en España", senón que o Estado español país sería "lugar de tránsito", precisou un dos avogados que lles representa, cara a Centroeuropa, concretamente Alemaña, se finalmente a Oficina de Asilo e Refuxio do Ministerio do Interior atende favorablemente as súas peticións.

Temas: SIRIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 galegoexiliado

Non son vellos nin nenos. Prefiren vivir da moima e das axudas sociales en Turcomania, antes que loitar pa defender e axudar a liberar o seu país de ditadores e terroristas. Espero que a progresía de esquerdas corra cos seus gastos.

1 Serio

Que laretas da progresía esquerdalla, lampantín? Foron os moi dereitosos gobernos do ppsoe os que axudaron os amos da OTAN que arrasaron Libia e Siria, así que de correr alguén cos gastos que sexan os seus votantes. Eu votei sempre por unha opcióin que dicía nidiamente que nin OTAN ni sandiós das intervenciós. Por outro lado, tamén digo que de homes adultos, nada. O de dirtadores vai por Al Asad? Pois macho, o 70% da poboación siria vive no 45% q goberna a coaligazón gubernamental, escollida despois dunhas eleccións das que occidente fixo burla pero nas que participou máis xente ca nas gringas e nas galegas. Falabaratos é o que sodes tanto os esquedosos coma os dereitallos.