A CORUÑA | 05/12/2016 | Actualizada ás 17:25 por EUROPA PRESS
O Auditorio da localidade coruñesa de Arteixo acollerá o próximo sábado 17 de decembro o Musical tributo a Michael Jackson, que ofrecerá unha dobre función.
Segundo informou o Concello de Arteixo, a primeira función terá lugar ás 19,00 horas e a segunda ofrecerase ás 21,30 horas do 17 de decembro.
As entradas terán un custo de 12 euros en anticipada e de 15 euros o mesmo día da función do musical tributo ao falecido Michael Jackson.
'Michael's Legacy' está avalado polo Club de Fans de España e doutros países como o "mellor tributo ao grande Rei do Pop na actualidade", segundo sinalaron as mesmas fontes municipais.
O musical, apto para público de todas as idades, está dotado dunha "espectacular escenografía e magníficas proxeccións", segundo destacan. Ademais, ofrece unhas réplicas exactas dos temas orixinais do artista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.