Noriega reafirma a "aposta" de Anova pola "unidade popular" e chama a "implicarse" no proceso aberto en En Marea

Destaca que Luís Villares é xa un "referente" e destaca o traballo que está facendo en En Marea.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2016 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago e covoceiro nacional de Anova, Martiño Noriega, indicou que a formación nacionalista "sempre apostou pola unidade popular" dende o seu nacemento "fai catro anos", polo que chamou a "implicarse" no proceso aberto en En Marea, que o próximo 17 de decembro celebrará un plenario para renovar a súa dirección.

Martiño Noriega en rolda de prensa
Martiño Noriega en rolda de prensa | Fonte: santiagodecompostela.gal

En declaracións aos medios este sábado tras visitar ao Belén navideño instalado nunha igrexa compostelana, Noriega invitou a "reforzar a achega" en En Marea de Anova, que este sábado celebra na capital galega un "dos encontros" que está a celebrar nos últimos días en Galicia.

En relación a iso, o rexedor compostelano aclarou que esta "rolda" de reunións de Anova está a servir para "analizar o momento político" e "abrir un debate e buscar maneiras para facer da marea popular un referente que estea á altura de ser a segunda forza política en Galicia".

"Dende que (Anova) naceu hai catro anos sempre apostou pola unidade popular. [...] Nunca houbo cambios na aposta. Se en algo temos fe é na unidade popular", remarcou Noriega, que tamén se referiu á situación interna de En Marea a unha semana de que teña lugar o plenario do que debe saír unha nova dirección do partido instrumental.

ANOVA NON PARTICIPA "por COTAS"

Así as cousas, aclarou que Anova "non participa en En Marea por unha cuestión de cotas", xa que "a unidade popular non hai que entendela así", para logo facer fincapé en que a formación nacionalista demostrou "a súa xenerosidade" ao longo do proceso de confluencia.

Martiño Noriega cos Reis Magos
Martiño Noriega cos Reis Magos

"(Anova) é un actor fundamental e o debate non vai ser de cotas, senón de xerar un debate político amplo e adaptado ás circunstancias", incidiu o rexedor compostelano, quen chamou a que o plenario da próxima semana sirva para facer de En Marea "un suxeito político amplo e diverso".

Así mesmo, sinalou que En Marea debe parecerse "a un movemento político" e non a "un partido clásico" para, deste modo, "atender á demanda de moitos homes e mulleres que depositaron a súa confianza en En Marea e que están a demandar unha ferramenta útil, territorializada, dinámica e áxil.

IMPLICARSE "NO PROCESO"

Noriega chamou a que "todos" se impliquen "no proceso" aberto este mes de decembro, que son "os primeiros pasos que se dan despois dos de abril", ao tempo que evitou pronunciarse sobre se sería prexudicial para En Marea que fose unha persoa diferente a Villares quen ocupase a dirección do partido instrumental.

"Luís (Villares) é un gran referente, está a facer un gran traballo nestes meses", manifestou Noriega, que cre que "hai moitos outros referentes ao longo do país" e que "o modelo" a seguir por En Marea tanto nas "institucións" coma "no propio movemento político" debe facerse entre "todos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Comunista

"Beiras vello", "Lidia ten canas", Martiño e Villares "son calvos"... Entre os fanáticos mejutos, os parapoliciais benitos e sipaios imeneos, este é o nivel "argumentativo" do pouco que queda xa do BnG. Non sei se dan máis pena ou máis risa.

1 Tarasca Aberta

E logo o BNG sacou un comunicado dicindo que eran calvos ou que. Ti estas moi mal comunista de los peines de la OTAN home. Dille ao alcalvo que non poña a pucha todo o dia se non quere que se lle note tanto as poucas veces que a ten que quitar.

2 Comunista

Da OTAN sabedes moito no BnG http://www.diarioliberdade.org/gali...,-do-bng,-quer-a-brilat-desfilando-em-ponte-vedra-no-50-anivers%C3%A1rio.html Sobretodo de comerlles o cú http://www.diarioliberdade.org/gali... Zasca!

4 Sesese

Que pesadez de políticos so lles interesa o poder

3 Que calvo esta sen pucha

Se Anova é o partido do universo que mais cargos publicos e asesores ten por militante. Os seus 50 militantes estan en postiños. A ver dentro de dous anos cando Compostela Pechada saque 4-5 concelleiros a quen lle botan as culpas. Non vai colar dicir que todo foi culpa de Manolo Dios porque o pobre tampouco ten competencias e so anda inutileando en Educacion.

2 Un de Podemos

Nas próximas eleccións locais a ver se chegades a 4 os de Compostela Aberta. Con la xente de Podemos non contedes

1 Serio

"La xente de Podemos" non hai en todo o internete galego unha defición máis breve e precisa do que é ese partido? Ou e movemento? Ou tertulia en 3D? en Galicia. Parabéns pola brevidade e a agudeza. Por outra: alédome saber de que Anova aínda existe! E por último: se credes que en Santiago Podemos só, ou Anova soa, ou Noso Señor nos libre, da arrepíos só pensalo, Izquierda Unida vai sacar algo por separado é que non sabedes nada da cidade-vila-aldea ghrande na que vivides.

1 Xonx

Sodes moi cansinos. Ides ser un referente coa xente desencantada con vós. Estades todo o día de asamblea e cos problemas dos cidadáns sen resolver. As capitais gobernadas polas Mareas na provincia da Coruña están a anos luz da xestión das capitais de Pontevedra gobernadas por BNG e PSOE (a pesar do r.ncio de Caballero). Facía tempo que non visitaba Compostela e o de Fochancas venlle que nin pintado.