Temas: A CORUñA PPDEG

Fraude electoral no PP da Coruña

Génova manda repetir as eleccións para o Congreso Nacional. A dirección local, en vez de votacións, escolleu a dedo a altos cargos e sorteou o resto das prazas, gañando dous postos a familia deses altos cargos. O denunciante pide a dimisión do presidente, que é director xeral de Función Pública na Xunta.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 23/12/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O PP estivo organizando a elección a nivel local de compromisarios para o seu Congreso Nacional. Na cidade da Coruña terán que repetir o proceso por orde do Comité Organizador. Génova dálle a razón así á denuncia interposta polo exvicepresidente de Novas Xeracións do PP en Galicia e exsecretario xeral da formación na Coruña, Miguel Robleda.

José María Barreiro, director xeral da Función Pública e presidene en funcións do PP da Coruña
José María Barreiro, director xeral da Función Pública e presidene en funcións do PP da Coruña

Robleda denunciara por escrito que á cidade herculina lle correspondían nove prazas e que, ao superarse o número de inscritos, "tiñan que convocarse unhas eleccións, que é o que di o regulamento" interno.

En vez de eleccións, José María Barreiro, presidente en funcións, adxudicou cinco prazas a dedo a prebostes do partido e, en teoría, sorteou as outras catro. Segundo informa Ana I Gracia en El Español, Barreiro parou o proceso electoral ao chamar personalmente por teléfono a maioría dos 36 militantes que se tiñan inscrito como candidatos a compromisarios. De acordo a esta versión, ofreceulles a viaxe de asistencia ao Congreso -pero sen dereito a voto-, a cambio de que retiraran a súa candidatura. 

Desmanteladas as eleccións, o resultado da escolla foi sorprendente.  Cinco compromisarios seleccionados a dedo:  Juan de Dios Ruano, exdeputado; Gonzalo Trénor, deputado autonómico; Belén do Campo, directora xeral de Gandería na Xunta; e  dúas anciáns de máis de 80 anos: Cuqui Molina e María Luisa Fontenla. 

Catro compromisarios foron escollidos mediante sorteo. Deses catro, unha é a irmá da directora xeral de gandería e outro o sobriño delas, Belén e Begoña do Campo.

Miguel Robleda denunciou por escrito o sucedido perante Génova por violar o regulamento do partido. A organización do Congreso ordenou onte repetir o proceso. O equipo que dirixe Luisa Fernández Rudi ditou que terá que haber eleccións o 4 de xaneiro.

Mádrid rebate así a Barreiro. Cando o exsecretario local denunciou, o PP da Coruña respondera que non houbera eleccións porque ninguén as pedira e que o sorteo fíxose antes e faise en moitas cidades.  En declaracións a Europa Press, fontes do PP herculino aseguraran que "en ningún momento se vulneraron os dereitos dos militantes" e que houbera "un acordo entre todas as persoas que se presentaron" a este proceso. Algo que, evidentemente, non foi así.  

Está por ver como afecta o escándalo ao presidente local, que tanñeb é director xeral de Función Pública na Xunta. Robleda xa pediu a súa dimisión e que o presidente provincial, Diego Calvo, dea explicacións.

Temas: A CORUñA PPDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Me importa un bledo Robledo

Van dar explicacións, van...