Temas: PONTEVEDRA LORES

Polémica porque Lores gastou 3.000€ nunha cea en Nova York

O alcalde de Pontevedra convidou a "algúns pontevedreses que viven en Nova York" tras recoller un premio de urbanismo. Para o PP trátase dun "capricho" e un "insulto aos pontevedreses". "Viaxen un pouco máis e déixense de paletadas", respóndelles o edil do BNG.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 27/01/2017 | Actualizada ás 19:19

Comparte esta noticia

A viaxe do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a Nova York para recoller un premio ao modelo urbano de Pontevedra volveu de novo á actualidade despois de que o voceiro do grupo municipal do PP, Jacobo Moreira, asegurara que lle parece "unha indecencia, un insulto, rirse de todos os pontevedreses, gastar 3.000 euros nun capricho do señor Lores".

Reustarante Molyvos
Reustarante Molyvos

"Os caprichos se os quere ter que os pague do seu peto", censura o popular, que pide a Lores que sexa "tan xenerosa co Comedor de San Francisco", unha entidade social de Pontevedra á que o Concello "dedica 1.000 euros" ao mes".

Nesta cea, celebrada en maio de 2015, á que Miguel Anxo Fernández Lores invitou a empresarios e personalidades de orixe pontevedrés que residen actualmente en Nova York, gastaron 3.276,76 dólares (2.916 euros ao cambio daquel momento) e nel participaron 27 comensais.

Os populares criticaron que o alcalde dese a propina que "considerou oportuno", que foi de 506,50 dólares (452 euros), o 20% sobre o custo da cea -antes de impostos- (2.532 dólares), seguindo o estándar marcado pola sociedade estadounidense.

O PP de Pontevedra esixe ao alcalde unha "desculpa" porque "os cidadáns non merecen un alcalde que trata con tanto desprezo os fondos públicos", e reclaman que as viaxes anunciadas polo BNG para o primeiro trimestre deste ano se publiquen na páxina web, tanto a axenda institucional como o custo detallado de todas estas viaxes.

Reustarante Molyvos
Reustarante Molyvos

PALETADA

Pola súa banda, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, ademais de "agradecer" ao Partido Popular por "volver poñer de actualidade" que a cidade de Pontevedra recibiu un premio en Nova York "pola súa excelencia polo deseño saudable", recomendou aos populares que "viaxen un poquito máis e que se deixen de paletadas, porque iso que están a formular é unha auténtica paletada".

Lores sinala que a cea se celebrou nun establecemento de comida grega chamado Molyvos, situado en Sétima Avenida, en baixo de hotel Wellington, onde precisamente estaba hospedada a delegación Pontevedra que viaxou a Nova York a recoller o premio concedido pola fundación do exalcalde Michael Bloomberg.

"Celebrámolo con algúns pontevedreses que están en Nova York", apunta, e puntualiza que cada veciño que asistiu á entrega dese premio pagou 150 dólares. Polo que cualifica á cea como un "acto razoable" de agradecemento.

En canto ao "retorno" que aquel premio tivo para a cidade do Lérez, Fernández Lores informa de que "onte mesmo" (polo xoves) chegou un convite tamén do Centro para o Deseño Activo de Nova York na que: Póñennos como referencia para a recuperación da cidade de Nova Orleans", arrasada despois da catástrofe do Katrina. "Queren inspirarse en Pontevedra para a súa recuperación", apostila o alcalde nacionalista.

O alcalde de Pontevedra Fernández Lores cenando en Nova York nunha imaxe difundida polo Concello
O alcalde de Pontevedra Fernández Lores cenando en Nova York nunha imaxe difundida polo Concello
Temas: PONTEVEDRA LORES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

10 Cachafeiro

Non pasa nada. Estas son as ceas que lles poñen os progres nacionalistas e intelectuais chuchaprebendas. Non as critican. Só lle preocupana as papadas da dereita. Dos dereitosos que gobernan Pontevedra disfrazadas de hipernacionalistas de esquerda, tanto lles ten. No é outro síntoma máis dese retrato dunha vella esquerda nacionalista acrítica e submisa que non se deixa de ollar no embigo. Levan tantos anos algúns con contratiños e convites en Pontevedra que, caladiños que che son, ata poden chegar a crer que a vella Nova Orleans se vai reconstruir seguindo o "Modelo Pontevedra". Mesmo xa acreditaran en tantos premios de farol que ese concello "recibiu".

9 LKI

Xa sabemos de hai tempo que estes do BeNeGá e da Unión (para vivir) do Povo Galego son un fato de ladróns, parásitos e corruptos. Onde está a noticia? En que non vai saír no Sermóns?

1 LKK

Si que rouban moito non coma vos que lle pagades a gomina aos ruturistas zaragozanos cando veñen de turismo en actos de partido

8 Guillerme Gintonic

Por eso recibiu o premio " Corazón de Piedra" outorgado ós concellos con menos investimento social. Menos mal que a Marea de Pontedevedra o puxo no seu sitio para aprobar os Orzamentos e tivo que entrar polo aro. Cando vai deixar de financiar as touradas ?

1 Rafa Cubatas

Menos mal que avisaron de que é un concello que non mete as festas como "investimento social", como fan as do PPSOEMarea. Así vos saen logo as cifras

7 Schaerbeekiano

Cando se fai un asunto destes hai que gastar, 3000€ non me parece nada do outro mundo... vendo o que se move en Bruxelas todos os días por parte de Representacións Permanentes, Oficinas Rexionais, lobbies, consultoras, institucións europeas... gastar iso nun evento é perfectamente normal ou incluso austero. Quizais os do PP lles faga falta viaxar e coñecer máis mundo.

6 LOresForever

Lores é o mellor alcalde de Galiza. O único atropelo en cinco anos foi a unha vella que a levou por diantr un coche mal freado. Puxo uns lombos que xa quixeramos os composteláns para que non nos afeitasen os machitos tuning nin os fillos de papá con prosche carrera. A proxección da cidade do Lérez xa se está vendo e verase a medio prazo, cun modelo de cidade estable, mderno, sensato e axeitado, sempre que a PPeirada e os e as mareantes non o boten polo río abaixo. ENCE lisca!

1 Lourizán ceibe

Entón porque abuchean os traballadores de Elnosa e Ence aos concelleiros de Marea de Pontevedra cando nun pleno municipal pediron o peche desa celulosas cheirenta? Nin que fose un empregado, do de soldo, de Galiza Nova. É dicir: a voz do seu amo.

2 Antinostrus

Ence: Comisiones Obreras: O Noso "Manos Limpias": EU: Marea Galega: Cipaiomononeuronal do Nostrus. Que Pais!!. Que verghuensa!!!!.