Temas: FARO DE VIGO

A situación laboral en Faro de Vigo segue estable tras a vitoria de CC.OO.

O xornal do Grupo Prensa Ibérica é un dos que mellor está a capear a crise que afecta ao sector impulsado polo práctico xogo dunha liña editorial a dúas bandas.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 23/02/2017 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

Comisións Obreiras (CCOO) repite como primeiro sindicato no Faro de Vigo, onde é o referente dos traballadores dende hai varios lustros. A central  volveu gañar as eleccións sindicais no Faro de Vigo, que tiveron lugar esta semana.

Javier Moll, propietario do grupo que controla Faro e La Opinión
Javier Moll, propietario do grupo que controla Faro e La Opinión

Fíxoo ademais nuns comicios nos que a súa candidatura logrou todos os delegados. Malia que só se presentaba esta lista, votou o 80% do cadro de persoal, segundo datos do sindicato.

De todos os xornais en papel do país, Faro de Vigo é sen dúbida o que menos conflitividade laboral viviu durante a presente crise. Malia aturar longuísimas xornadas laborais e sufrir algúns recortes de gastos, o cadro de persoal non tivo que enfrontarse ao nivel de despedimentos, EREs e atrasos que asolaron e asolan a boa parte da competencia. 

As súas cifras de audiencia descenderon, pero en menor medida que as de algúns dos seus competidores. A nivel publicitario Faro de Vigo segue forte, impulsado polo apoio editorial que presta ao alcalde Abel Caballero a nivel olívico e ao PPdeG no eido galego. Prensa Ibérica, tamén coñecida como Grupo Moll, emprega esta receita tamén na Coruña, onde La Opinión -onde si houbo importantes recortes- está máis próxima editorialmente a Marea Atlántica, pero a nivel de información de ámbito galego tampouco se enfronta a miúdo á Xunta.

CCOO considera «rotundo» o seu triunfo nestas eleccións pois, alén do resultado, foi o único sindicato capaz de reunir os apoios suficientes para se presentar. A candidatura independente, que ata o momento tiña dous representantes, non conseguiu sequera reunir os 27 avais que precisaba para concorrer ás eleccións, malia formaren o cadro de persoal do diario decano do país 149 traballadoras e traballadores.

;

Temas: FARO DE VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Líquen

De quen falades? Do Marca de Vigo?

1 Gamela

Gracias aos 280.000 € que nos rouban aos vigueses, o Faro xa é a folla parroquial de Abel Caballero https://sede.vigo.org/expedientes/a... O máis triste é que esta competencia desleal está arruinando a liberdade de prensa na Cidade Olívica, favorecendo o goberno despótico dun PSOE mangoneado por Abel & Carmela (Concello & Deputación) Polo que atinxe aos traballadores agradecerlles a CENSURA continuada nos comentarios dos lectores, e que teñan claro que están a colaborar cun medio CAPADO no que a meirande parte das novas de interese únicamente están accesibles aos suscritores / así pagamos DÚAS VECES unha vía Convenio e a segunda se queres ler os libelos e apaños informativos que publican! http://gamela00.blogspot.com.es/201... Lástima que o Decano da Prensa caera nas mans do Grupo Moll & Caballero !!!