Suborno nas obras do AVE galego?

A Guardia Civil elabora un informe que apunta a que empresas como Isolux-Corsan e COPASA facían agasallos a cambio de favores en obras públicas como o túnel Ourense-Ameiro. En Marea pide explicacións ante o presunto agasallo dunha viaxe á Supercopa a un cargo público.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 27/02/2017 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

En Marea inicia unha ofensiva parlamentaria para aclarar se houbo subornos nas obras do AVE en Galicia. A confluencia anunciou este luns unha serie de interpelacións sobre este asunto ao Ministerio de Fomento.

Túnel Ourense - Amoeiro na liña do AVE
Túnel Ourense - Amoeiro na liña do AVE | Fonte: INDUMET

A parlamentaria Alexandra Fernández lembra que  “nun informe da Garda Civil transcendeu que os subornos puideron ser utilizados pola empresa Isolux-Corsan para que se modificase o prezo do proxecto do tramo de AVE Ourense-Amoeiro. Segundo informacións, a empresa constructora puido ter pagado unha viaxe á Supercopa de Europa en Niza a un alto cargo de ADIF que dirixía as obras. Incluso está en cuestión a calidade do formigón empregado neste tramo”. A política nacionalista asegura que “Corsán tería tratado de lograr unha variación do proxecto duns 125 millóns” usando formigón máis barato do previsto, un cambio autorizado a cambio de “unha viaxe ao director de obras do AVE en Ourense e acompañante a Niza”.

As acusacións vertidas dende a confluencia proveñen do sumario do “Caso Adif”. A Guardia Civil atopou indicios de subornos nas obras de España no país, Castela León, Asturias, Euskadi e, inicialmente, en Cataluña. Sospeitan que a construtora Isolux Corsan realizou importantes regalos a funcionarios (como ceas, viaxes e automóbiles) a cambio de favores en contratos públicos de ferrocarís, estradas, portos e outras infraestruturas.

No caso galego o presunto corrupto sería Luis M. (director de obras do AVE en Ourense) que canda a súa acompañante asistiría a Supercopa de Fútbol de Niza. Os axentes atoparon probas que apuntan a que a construtora pagou 1.500 euros por ese desprazamento de ocio. 

Segundo El País, hai outras construtoras involucradas nestes agasallos, entre elas a ourensana COPASA, que tamén sae nos papeis da Gürtel, Sacyr e Acciona. Un dos beneficiarios sería Rafael R. , director das obras zona noroeste en ADIF.

Alexandra Fernández de En Marea no Congreso
Alexandra Fernández de En Marea no Congreso

Alexandra Fernández pregunta a Fomento se abriu unha investigación en relación á presunta rede de sobornos en obras do AVE e se o Ministro vai depurar as responsabilidades a que houber lugar. “Vai o Ministerio a adoptar medidas en relación ás empresas que puidesen estar implicadas?”. Asemade, realiza unha serie de cuestións relacionadas co caso concreto de Ourense-Amoeiro e quer saber se comprobou a calidade do material utilizado por Corsán nas obras. “É de inferior categoría ao declarado? De ser así, que vai facer? Vai exixir á empresa que o modifique?”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 paspallas

¿Se averiguen todas las MODIFICACIONES entre Ourense y Santiago, tambien los materiales y los impactos ambientales que tales modificaciones supusieron? ¿Quienes ocupaban como Conselleiros las CARTERAS?. ¡Pero que nuevos millonarios!.¿Quienes?.......

3 Chú Norris

Este es el momento en que Puedemos dice aquello de: y va un gallego y diu.....:? Finalmente dan permiso para hablar? Beiras, Noruega....os habéis lucido.....culmen total del nacionalismo gallego en Madrís.....de premio Nobel!!

2 XanXalo

Que fácil é neste pais robar os cartos de todos e que poucos se atreven a roubar as grandes empresas....Se non pagas un recibo da luz quedas a dúas velas, ¿por que non facemos os cidadáns o mesmo de cas empresas e funcionarios corruptos que nos rouban? Empezando pola Casa Real? Se rouban deixalos a dúas velas e fora do pais.

1 o adxudicador

Se aleatoriamente revisamos os expedientes de licitación de obras de calquer administración pública destaparíamos, en cada un deles, un caso de corrupción

1 Falame do Audi do bipartito

levas razão, melhor ficarmos cós de sempre.

2 paco

O Audi está aparcado e non o quere ninguen, nin conseguiron vendelo. A cambio varios coches diferentes para sustituilo.