Temas: ENCE

ENCE declara case 40 millóns de beneficios o ano pasado

A pasteira propietaria da celulosa de Lourizán repartirá entre os seus accionistas case 42 millóns en dividendos.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 27/02/2017 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

ENCE, propietaria da fábrica de celulosas de Pontevedra, anunciou un beneficio neto de 38,7 millóns de euros nas súas contas de 2016. A produción aumentou até as 923.408 toneladas de celulosa. Algo necesario, dado que caeron un 15% os prezos medios respecto ano pasado.

Celulosa de Ence en Pontevedra. Foto: sufercosmovision flickr
Celulosa de Ence en Pontevedra. Foto: sufercosmovision flickr

O resultado bruto de explotación (Ebitda) é de 138 millóns de euros, un 30,8% menos. Celulosa e Enerxía  son as actividades que tiveron mellor comportamento. Ignacio Colmenares, conselleiro delegado da pasteira, presume de 2017 resultou un bo ano para ENCE e dun "bo ritmo" na execución do seu plan de investimentos. 

Iste permite ao consello de administración de Ence, no que se sentan a ex-ministra Isabel Tocino e o ex-conselleiro Carlos del Álamo, repartir un dividendo complementario de 0,0473 euros brutos por acción con cargo a 2016, que se suman aos 0,0793 euros brutos por acción aprobado xa antes. En total, ENCE repartiu máis de 41 millóns en dividendos o exercicio pasado.

Temas: ENCE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Balbino

Cando só existe un grupo político que dí alto e claro Ence fóra téñeno moi fácil para perpetuarse ate a fin dos tempos.

1 Eu mesmo

138 millóns de euros a conta de estragar os montes galegos. Ence fora de Galicia xa!!!. PP, CCOO e Marea de Pontevedra, cómplices!!!