Louzán leva ao actor Sancho Gracia á inauguración dun cruceiro en Uruguai

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, inaugurou un cruceiro en Uruguai en compaña do actor Sancho Gracia. Na viaxe a Arxentina e Uruguai de principios de mes coincidiu con Feijóo ata en dúas ocasións, a pesar de que o presidente galego, só dixo que estivo con el no Consello da Emigración.

Por Galicia Confidencial | Montevideo | 24/12/2009 | Actualizada ás 02:45

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Pontevedra, tal e como contamos aquí, estivo a principios de mes en Arxentina e Uruguai cunha delegación do PPdeG integrada polos alcaldes de Cambados, Luis Aragunde; a Cañiza, César Mera; as Neves, Emilio Castro, e o voceiro do Grupo Popular do Concello de Salceda, Santiago Rodríguez., ademais do delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. Nesta viaxe tamén o acompañou a cantante María do Ceu que actuou en varios dos actos nos que participaron.

En Uruguai Louzán inaugurou un cruceiro, realizado por artesáns galegos e donado pola propia diputación,na Policlínica de Canelones, nun acto no que estivo acompañado polo actor Sancho Gracia, que viviu varios anos neste país como emigrante e que é un bo amigo do presidente provincial.

Logo desta inauguración, Louzán, e tal e como xa fixo en Arxentina con case 30 familias, entregoulle ao xerente da Casa de Galicia, José Mouriño, e ao presidente Manuel Ramos, un cheque por valor de 29.000 euros para, segundo dixo, "terminar as instalacións" da policlínica. 

Neste país, Louzán tamén asistiu a unha gala no Centro Galicia onde actuou María do ceu e estivo acompañado por Torres Courís, e Cesar Mera, entre outros. Louzán entregoulle un recoñecimento ao gaiteiro galego máis vello, Celestino Pichel.

Coincidencias

Feijóo e Louzán coincidiron ata en dúas ocasións nas súas viaxes a Iberoamérica; no Consello da Emigración e na inauguración dun CTI pediátrico e 26 novas salas de internación no 4º piso do sanatorio do Centro Galicia. A este acto tamén asistiu o secretario Xeral de Emigración Santiago Camba.

Sen embargo, hai uns días, e preguntado por Galicia Confidencial, Feijóo dixo descoñecer a viaxe dunha delegación do PP a estes dous países e só recoñeceu que coincidiu con Louzán no Consello da Emigración de Bos Aires. Sen embargo, este video demostra que, polo menos, tamén estivo co presidente do organismo provincial na inauguracón do pediátrico da Casa de Galicia.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 AUSTERIDÁ

Bonito xeito de aforrar, señor Austero.