Denuncian un novo caso de manipulación informativa na TVG

Os responsables de informativos eliminaron as críticas á Xunta e un parágrafo da información na que un técnico denunciaba que nas depuradoras galegas hai marisco foráneo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/03/2017 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

O Comité Intercentros da CRTVG denuncia manipulación informativa na TVG. A censura aconteceu o pasado 6 de marzo no Galicia Serán emitiron cunha noticia que foi "premeditadamente recortada" para eliminar partes que se emitiran na edición do mediodía.

Segundo apunta o Comité, un redactor de longa traxectoria e recoñecido prestixio elaborou unha peza informativa sobre o cultivo de ostras en Galicia baseado en entrevistas feitas na Universidade de Santiago a un equipo de investigación en acuicultura. Unhas entrevistas que non buscou el senón que, neste caso, llas asignaron a primeira hora da mañá sen tempo para documentarse sobre o tema do que versaban ditas entrevistas. Despois elaborou unha información para o programa Galicia Noticias Mediodía que pode consultarse neste vídeo.

Na edición da tarde, Galicia Noticias Serán, esa mesma noticia quedou "mutilada", como o mesmo traballador afirma, aínda que mantiveron a súa “voz en off”. "Esta mutilación foi para evitar que os espectadores puideran escoitar a declaración dun técnico que criticaba a actitude do goberno autonómico na cría e cultivo de moluscos en Galicia", indica o Comité Intercentros nun comunicado. Ese técnico dicía que a Xunta está desaparecida na atención a explicaba o porqué en 22 segundos de intervención.

Chapa co lema 'eu non manipulo' contra as manipulacións dos medios públicos
Chapa co lema 'eu non manipulo' contra as manipulacións dos medios públicos

Críticas á Xunta suprimidas

Segundo o redactor tamén suprimiron o parágrafo final da noticia, que dicía: "Este especialista en cultivo de moluscos afirma que á Xunta non lle interesa aumentar a produción destas especies e lembra que nas depuradoras galegas predomina o marisco foráneo", tal e como se pode apreciar neste vídeo.

"As excusas e argumentacións falsas que dan para casos coma este que se dan tódolos días na redacción é que a noticia é moi longa, para repetila integramente", suliña. "O Comité de San Marcos rexeita enerxicamente que se faga este uso perverso da información elaborada por un xornalista con criterios profesionais e non dependentes do que lles gusta oír aos gabinetes de comunicación en San Caetano", engade

Por iso, ese órgano esixe que cesen as prácticas de manipulación e a posta en marcha inmediata do Consello de Informativos comprometido na Lei de Medios. Tamén que se asinen os traballos con rótulos onde apareza o nome da redactora ou redactor como xeito de visibilizar o traballo ben feito por parte das traballadoras e traballadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 MIRANDA

Produce hilaridad oir hablar de manipulación informativa en la TVG a los mismos que la practicaban en tiempos del bipartito PSOE-BNG, cuando ya ni se hablaba de la censura en la tvgá, porque era algo asumido por la via de la resignación. De hecho, era un divertimento habitual comentar el eclipse de las noticias que molestaban a socialistas o nacionalistas, mientras se potenciaban hechos y personas de su cuerda No eran casos aislados, era manipulación y censura sistémica, sin explicaciones o justificaciones de ningún género. Pero claro, acosar, encizañar, desmerecer al equipo de gobierno es la forma de hacer política de la izquierda gallega, si es que a eso se le puede llamar “hacer política”

1 Estibador

Para ser xornalista hai que estudar xornalismo. E o autor da noticia non é xornalista porque non fixo xornalismo, nin é redactor porque ao non ter título quedouse en auxiliar de informativos. É un deses suertudos que entrou nos oitenta na televisión galega sen filtro e aí quedouse, mamando do público. O prestixio recoñecido non se lle coñece, porque leva anos militando no sindicalismo de CCOO e encargándose de noticias tan importantes como o cultivo da ostra ou os tenreiros con sete patas. Sen un só premio máis que o que lle deu o goberno bipartito socialista-nacionalista, que lle deixou dirixir uns meses o informativo de mediodía onde manipulou o que puido, ata que lle deron unha patadita para arriba e mandárono á delegación de Madrid, a coordinar non se sabe que pero ben lonxe. Débeselle de estar a facer longa a lexislatura, e xa empeza a facer campaña antiXunta en noticias tan estratéxicas como o engorde da ostra. Penoso.

1 FUN_EU

E que na RTVG non manipulan nin nada: 540.000 parados máis convirtense en 54.000 (falado e por escrito, por se hai quen non lea ben), Bárcenas tiña unha fortuna calculada de 50.000 euros, non 50 millóns (malpensados). Porén, o que xa é de traca é o das baleas de 130.000 toneladas (coma o Prestige, só que mais cheiño), ou o das 40 persoas colgadas dun "folicular". Dos desafiuzamentos, do caso da inválida sancionada por saltar un control policial, do da espionaxe autorizada por España na rede telefónica española (60.000.000 de intervencións ) nada. Terceiro-mundistas.