O inglés dos nosos políticos

O Goberno de Feijóo acaba de optar por un sistema trilingüe galego-español-inglés para a educación. Sen embargo, a maioría dos políticos galegos e os principais líderes españois obteñen un suspenso neste idioma.

Por Xurxo Salgado | Santigo | 14/01/2010 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

O propio Feijóo recoñece non saber esta lingua. Ollade no minuto 2.40 deste video. "Do you think the Spanish Democracy is healthy?", preguntánlle a Feijóo. A resposta: No te he entendido. O reporteiro insiste: Do you think Spanish Democracy is in a good condition?. A resposta: Que no te he entendido. Te he dicho.... Ok, thank you very much, despidese o reporteiro:

None

 

 Tampouco o seu antecesor no seu cargo, Emilio Pérez Touriño, dominaba este idioma. Unha situación completamente diferente a do ex presidente Manuel Fraga, que foi embaixador no Reino Unido, e que presumía de ler todos os días xornais neste idioma e de falar sete linguas.

Pero o caso de Feijóo, que di coñecer o francés, non é aillado se o comparamos coa política española. No ámbito autonómico só Esperanza Aguirre supera á media xa que fala inglés (estudiou no Instituto Británico), francés e ten nocións de italiano e catalán. O presidente andaluz, José Antonio Griñán fala inglés e italiano e o basco, Patxi López di "defenderse" en inglés e está aprendendo euskera.

En España son moitos os políticos que non saben nada da lingua que moitos aseguran que é fundamental para a educación, comezando polo propio presidente do goberno. E é que Zapatero ten fondas dificultades para desenvolverse neste idioma. Xa as tiña no seu primeiro mandato:

 

 

E continúa neste segundo, como aconteceu no recente cumio do de líderes internacionais onde a súa incapacidade co inglés o levou a quedar aillado:

 

Pero tampouco o líder da oposición, Mariano Rajoy, aproba esta materia. El mesmo recoñeceu no programa 'Tengo una pregunta para usted' que non sabía inglés. Na rede xa hai montaxes nas que mesturan a Rajoy e ao dirixente do maior banco español, o Santander, Emilio Botín, quen tampouco domina este idioma:

 

En youtube tamén se pode ver videos críticos co descoñecemento que do inglés teñen os dous máximos líderes políticos do Estado:

 

Pero o máis coñecido presidente "multilingüe" de España foi José María Aznar que logo da súa amistade con George Bush decidiu aprender este idioma e foi á universidade de Georgestown a impartir conferencias:

 

 De feito Aznar tamén se lanzou a falar en texano, italiano, alemán e mesmo catalán:

 

En Resume. Así está o estado de coñecemento lingüístico dos nosos principais políticos:

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

14 Roque

Creo que Carla acertó de lleno. No sé porque os cabreais tanto los nacionalistas y los socialistas con esto del idioma si vuestros dirigentes no tienen ni puñetera idea de idiomas que no sean el gallego, el catalán o el español. Una vergüenza

13 kales

Señora CARLA. O seu paletiño Feijóo NON PRONUNCIOU EN TODA A SÚA VIDA NEN UNHA SOA PALABRA EN GALEGO NA SÚA VIDA COTIÁN. E canto lle gustaría non ter que falar galego nen non parlamento. Paleto é unha persoa galega que odia o galego. Iso é un paleto, UN PALETO INTEGRAL E RADICAL.

12 marta

Señora Carla peca vostede de soberbia. En Galicia é moi raro que un galego-falante non fale tamén español. O contrario xa é outro cantar. E o inglés estudaronno na escola e nos institutos tódolos nenos e nenas por igual sexan do bloque ou non. Así que o problema non está ahí. O problema está en que en Galicia o galego é unha lingua constantemente atacada polo PP. Os do Bloque non atacan o galego os do PP si. E falar galego non é de paletos. Vostede fai a asimilación de que os do Bloque son paletos porque falan galego e ahí xa se lle vé o plumeiro. Os paletos son todos aqueles que desprecian a lingua de Galicia e pregonan sobre un inglés que nin siquera coñecen. Se vostede pensa que o monolinguismo é de paletos tería que chamarlle paletos a casi tódolos americanos de USA. E tamén ao propio Feijóo que de galego sabe ben pouco e é monolingüe 100 POR 100.

11 MALAKA

Carla, está calada ignorante.... os nacionalistas co noso "galego artificial", ademais do castellano podémonos comunicar co Mundo lusófono. Ademais por regra xeral, non coñezo a maiores paletos que os nacionalistas españois, que se pensan que co castellano van a todas partes, a todas partes onde haxa un ghetto español no que poder vivir sen se integraren e aprenderen a lingua do país que os acollen. O nacionalismo galego será todo o que queiras, pero calificalo de cerrado, cando xurdíu na emigración, resistíu no exhilio e puxo a Galiza no mapa das nacións de Europa nos anos trinta... Por outro lado so hai que ver que comunidades teñen un mellor nivel de inglés, normalmente as bilingües,

10 un calquera

Pois Carla os meus amigos do bloque falan mellor o inglés que todos os meus amigos do PP , que falan en castelán habitualmente e non teñen nin papa de inglés, para qué, dinme, se vas a New York e a xente mátase para falarlles en español. Seica o inglés en New York está en desaparición pola diglosia que existe co español, língua A na cidade. Por iso os meus amigos do PP só falan español e só saben falar español.