A estratexa e os apoios de Louzán

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, conta co respaldo da dirección do PPdeG na toma de alcaldías na provincia. O seu obxectivo é integrar dentro do PP o maior número de independentes posibles.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 01/02/2010 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

Ponteareas, Mos, Nigrán, Silleda, Porriño... As conquistas de Louzán son numerosas e teñen o seu premio; nas alcaldías recuperadas viven máis de 70.000 persoas, un importante segmento da poboación que os populares queren conservar para manter a presidencia da deputación. E nesta guerra, todo vale, mesmo convencer aos candidatos do propio partido para que se retiren e deixar paso, deste xeito, aos candidatos independentes. No medio, promesas de todo tipo; postos no Parlamento e na Xunta, tal e como aconteceu con Nava Castro, filla do ex alcalde de Ponteareas, e lle sucederá a Gonzalo Ordóñez, de Independentes por Porriño. Unhas decisións que contan co respaldo de Alberto Núñez Feijóo.

O exemplo máis recente é o do Porriño, todo unha operación de inxeñería. Louzán necesitou meses para recompoñer a unidade da dereita neste concello xa que as diferencias entre Nelson Santos, o novo alcalde, de Ciudadanos por Porriño, e Gonzalo Ordoñez, líder de Independientes por Porriño, eran case insalvables. Santos escindiuse do partido de Ordoñez na lexislatura pasada, precisamente, por problemas persoais. Por iso, Louzán tivo que fiar fino. Santos só apoiaría a moción se era alcalde e se non tiña con el a Ordóñez. Por iso, o presidente da deputación provincial tivo que convencer a Ordóñez para deixar a política municipal e prometerlle un cargo na Cámara. A operación tivo que pecharse cun notario de por medio. O mesmo aconteceu en Ponteareas e en Silleda.

"Doble rasero"

Precisamente, as prácticas que a dirección popular ten criticado en Ourense durante a pasada campaña á presidencia provincial deste partido repitense en Pontevedra sen que ninguén na Nécora diga nada. Nalgunha ocasión, mesmo son propiciadas e consensuadas dentro da dirección popular. Por iso, sectores deste partido en Ourense e de Pontevedre critican o "doble rasero" de Feijóo e do seu equipo. "Por unha banda din que nós somos uns caciques e logo eles fan o mesmo en Pontevedra con Louzán á cabeza", apunta un dirixente consultado.

E é que Louzán conta coa total confianza de Alfonso Rueda e do propio Feijóo desde que se volcou co actual presidente da Xunta na sucesión polo liderazgo do PPdeG. Daquela, Louzán remitiu unha carta a todos os alcaldes populares de pontevedra pedindo o voto para Núñez Feijóo; unha práctica que a dirección popular criticou duramente no proceso ourensán acusando a José Luis Baltar de coaccionar aos militantes.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

9 Rafita

Baltar no le llega a la suela de los zapatos a Rafa... será en cacique. A "Rafa" en estudios y en conocimientos le ganan las señoras de la limpieza de la "Dipu". ¿Sabrá inglés como quiere Feijoo? (aunque él no tenga tampoco ni puta idea)

8 que asco de PP

#2, te estamos viendo, pues que bien que alegría, yo también a vuestras progenitoras, pero solo un día a la semana, que no es cuestión de romper familias, jejeje

7 luís

Louzán é un político con escasa formación e poucos escrúpulos pero ten unha virtude que se valora moito no PPdeG: móvese moi ben polas alcantarillas (esgotos se se prefire). Feijóo pode mirar para outro lado e manter unha apariencia de ética e modernidade, presentarse como a antítese do vello caciquismo. O traballo sucio xa o fai Louzán. No fondo é posible que o desprecien (non se mesturan moito con el), pero iso non lle preocupa a Louzán. El sabe o que vende e o valor que ten.

6 Pepe

Qué cabreo en la "Dipu" jajaja Louzán hazme una moción de censura que me quiero divorciar por cierto la palabra de seguridad para subir el mensaje es disolver, pues eso Louzán cacique mayor del reino

5 un calquera

Non soe sair moi rentable isto das mocións de censura, parece mentira que os pepeiros sigan con elas co pouco partido que lle sacan. Fagamos un pouco de memoria histórica, lembrades As Pontes?, agora a corporación municipal é:PSOE 8, BNG 8 e PP:1 concelleiro. En Sada logo da moción de Moncho es mucho goberna o BNG e é a forza máis votada, en Maceda e Rairiz de Veiga tamén goberna o BNG, en Redondela nunca máis voltou o PP trala vergonzosa moción anos atrás.. as mocións son pan para hoxe e fame para mañá. Faltan 11 meses Louzán para que marches da deputación.