A estratexa e os apoios de Louzán

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, conta co respaldo da dirección do PPdeG na toma de alcaldías na provincia. O seu obxectivo é integrar dentro do PP o maior número de independentes posibles.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 01/02/2010 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

Ponteareas, Mos, Nigrán, Silleda, Porriño... As conquistas de Louzán son numerosas e teñen o seu premio; nas alcaldías recuperadas viven máis de 70.000 persoas, un importante segmento da poboación que os populares queren conservar para manter a presidencia da deputación. E nesta guerra, todo vale, mesmo convencer aos candidatos do propio partido para que se retiren e deixar paso, deste xeito, aos candidatos independentes. No medio, promesas de todo tipo; postos no Parlamento e na Xunta, tal e como aconteceu con Nava Castro, filla do ex alcalde de Ponteareas, e lle sucederá a Gonzalo Ordóñez, de Independentes por Porriño. Unhas decisións que contan co respaldo de Alberto Núñez Feijóo.

O exemplo máis recente é o do Porriño, todo unha operación de inxeñería. Louzán necesitou meses para recompoñer a unidade da dereita neste concello xa que as diferencias entre Nelson Santos, o novo alcalde, de Ciudadanos por Porriño, e Gonzalo Ordoñez, líder de Independientes por Porriño, eran case insalvables. Santos escindiuse do partido de Ordoñez na lexislatura pasada, precisamente, por problemas persoais. Por iso, Louzán tivo que fiar fino. Santos só apoiaría a moción se era alcalde e se non tiña con el a Ordóñez. Por iso, o presidente da deputación provincial tivo que convencer a Ordóñez para deixar a política municipal e prometerlle un cargo na Cámara. A operación tivo que pecharse cun notario de por medio. O mesmo aconteceu en Ponteareas e en Silleda.

"Doble rasero"

Precisamente, as prácticas que a dirección popular ten criticado en Ourense durante a pasada campaña á presidencia provincial deste partido repitense en Pontevedra sen que ninguén na Nécora diga nada. Nalgunha ocasión, mesmo son propiciadas e consensuadas dentro da dirección popular. Por iso, sectores deste partido en Ourense e de Pontevedre critican o "doble rasero" de Feijóo e do seu equipo. "Por unha banda din que nós somos uns caciques e logo eles fan o mesmo en Pontevedra con Louzán á cabeza", apunta un dirixente consultado.

E é que Louzán conta coa total confianza de Alfonso Rueda e do propio Feijóo desde que se volcou co actual presidente da Xunta na sucesión polo liderazgo do PPdeG. Daquela, Louzán remitiu unha carta a todos os alcaldes populares de pontevedra pedindo o voto para Núñez Feijóo; unha práctica que a dirección popular criticou duramente no proceso ourensán acusando a José Luis Baltar de coaccionar aos militantes.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

4 militante

Pero quienes son esos filtradores de los cojones; los baltarines, el cuiña. Menudos personajes. Si nos tenemos que fiar de ellos no sé a donde llegaremos. Baltar no le llega ni a la suela de los zapatos a Rafa, bueno, quitando que ya es un retaco. y lo del cuiña este que no representa a nadie, menos. Por mucho que os joda, Rafa es el mejor dentro del PP, el que más trabaja y el que mejor resultados cosecha y lo veremos en las proximas municipales. Al resto, a los amiguitos socialistas y bloqueritos de estos ya no le respondo para no gastar palabras. Sólo decirles que el PP ya tiene cinco nuevas alcaldías en la provincia.

3 Lois

Louzán el ídolo de los nenes de "Ponte" que insultan a los galleguistas del partido pero defienden al individuo este, cacique retorcido por estar bajo el amparo de las familias de tradición franquista de esa ciudad. Eres lo peor de PP y ojalá los que vienen empujando como por ejemplo el hijo de Pepe Cuiña te pongan en tu sitio

2 estamoste vendo

que asco de PP, ¡te estamos viendo!

1 que asco de PP

Moi ben Louzán, non che hai coma ter estudos. Tí es o exemplo a seguer no PP, que ben o facedes. Por certo, que foi de Nené Barral?