SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2017 | Actualizada ás 19:57 por EUROPA PRESS
A eurodeputada Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, reclamou no pleno do Parlamento Europeo que o eucalipto sexa declarado "especie exótica invasora preocupante".
En Bruxelas, na noite deste mércores, denunciou que, segundo datos de 2016, o eucalipto "ocupa xa máis de 400.000 hectáreas, case a cuarta parte da superficie forestal galega".
Así, advertiu que xera "graves problemas socioambientales" e lembrou que as súas raíces "absorben grandes cantidades de auga, impedindo a filtración de augas cara aos acuíferos".
Neste sentido, criticou que "favorecen os incendios" e "traen consigo pragas e enfermidades". É por iso que Senra tamén instou hai xa unha semana á Comisión Europea, por escrito, a que inclúa o eucalipto na súa lista de especies exóticas invasoras preocupantes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.