Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2017 | Actualizada ás 13:51
Galicia rexistrou máis de 380 incendios forestais durante este mes de abril, dos cales unha trintena superaron as 20 hectáreas queimadas. A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, cualifica abril como un "mes incendiario", "non só en Galicia, senón en todo o Norte" de España.
A conselleira se referiu tamén ao accidente do xoves dun axente forestal producido co seu vehículo cando se dirixía a un incendio do Incio. Segundo Vázquez, foi un "pequeno accidente" que "quedou en nada" e xustificouno en que "van moi apresurados cando se avisa dun incendio", polo que pediu "seguridade".
En declaracións en Salceda de Caselas (Pontevedra), fixo un balance de "estabilidade" sobre os últimos lumes en Galicia, cos incendios de Rianxo, O Incio e Cotobade controlados, pero chama a "agardar" a como evolucionan as próximas horas, xa que "cando hai vento" é "cando máis actúan" os incendiarios.
Con todo, reitera que está en marcha un dispositivo de 3.000 persoas e 10 helicópteros, mentres pide "precaución" á cidadanía, nun período no que están prohibidas as queimas pola seca e os fortes ventos.
A isto únese que a Xunta prevé renovar 150 vehículos para persoal antiincendios mediante o sistema de 'renting' cun investimento de 11 millóns, segundo lembra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.