Se o PP fose unha empresa privada

Imaxinemos, por un momento, que Mariano Rajoy é o máximo executivo dunha empresa privada na que se constata a evidencia de que o director financeiro da mesma ten utilizado semellante posto para incrementar o seu patrimonio á marxe da legalidade e dos Estatutos da sociedade.

Por Xesús Veiga | Santiago | 09/04/2010

Comparte esta noticia

Qué medidas adoptarían os principais accionistas desa entidade con Mariano Rajoy?Permitirían a súa continuidade ou chegarían, sen demora, a un despido pactado?

Os dirixentes do PP son declarados apoloxetas da iniciativa privada e consideran, habitualmente, que a xestión empresarial acada uns niveis de eficiencia superiores aos que se rexistran no labor dos administradores públicos que non pertencen ao seu partido.Poren, cando se trata de aplicar esa lóxica a situacións como as que se derivan do caso “Gürtel”, todo é distinto.Luis Bárcenas e Pablo Crespo son dous xestores magníficos que nunca orixinaron problemas e que son inocentes mentres non sexan condenados en firme polas instancias xudiciais correspondentes.

Vicios privados, virtudes públicas.Predicar coa boca grande a superioridade do privado sobre o público e recoñecer coa boca pequena que non se pode despedir ao tesoureiro porque sabe demasiado e pode arruinar a carreira política do gran líder.

Nos últimos anos, o PP sempre receita mais dureza penal –cadea perpetua incluída- ante cada episodio de violencia.Quere alimentar a sensación de medo e inseguridade que favorece a consolidación e o medre do seu electorado.A presunta coherencia dos dirixentes de Genova desaparece cando se trata dos delitos asociados á corrupción política.Nestes casos, collen a pancarta do garantismo e son os maiores detractores das prácticas de investigación da policía e da fiscalía.

Se nas vindeiras eleccións xerais, Mariano Rajoy chega á Moncloa sen pagar ningún prezo polas amizades perigosas de “Gürtel”, Matas e demais familia, haberá que pensar que o mal de moitos é unha epidemia.Nese suposto, o electorado do PP demostraría unha grave carencia de sensibilidade ante as prácticas de roubo dos recursos públicos realizadas por algúns dos seus representantes e certificaría a presenza dunha ampla corrupción moral no seo do corpo social.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.