SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2017 | Actualizada ás 14:46 por EUROPA PRESS
A delegada da CIG no servizo contraicendios de Lugo, Susa Gavín, denunciou que nesta provincia "hai ao redor dun 40 por cento de prazas vacantes" que non se repoñen.
Gavín acusou á Xunta de "ocultar datos á hora de cubrir prazas, movendo persoal dunha zona para outras ou de non renovar prazas alegando que non hai orzamento".
"Paréceme grave a situación", sostivo, á vez que fixo fincapé en que, ás veces, as brigadas están formadas por "unha ou dúas" persoas en lugar das sete requiridas.
Por todo iso, alertou de que "o servizo resulta inoperativo", tras sinalar que na provincia de Lugo son unhas 500 persoas as que compoñen o servizo contraincendios, con 100 máis en épocas de risco.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.