As diferencias no BNG da Coruña provocan a saída de Tello

O actual voceiro do BNG na Coruña e tenente de alcalde da cidade, Henrique Tello, anunciou este martes que non será o vindeiro candidato desta formación as municipais do 2011.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/05/2010 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

Ainda que as razóns aducidas por Tello son de "índole persoal", o certo é que detrás desta decisión atópase unha situación case de guerra civil na agrupación nacionalista da Coruña. 

E é que tal e como vimos contando en GC, as grandes diferencias existentes entre os distintos colectivos nacionalistas fan imposible un acordo para que Tello continuara como candidato. E a punta deste conflicto viviuse no pasado Consello Nacional cando, cos votos a favor da UPG, decidiuse non abrir un periodo extraordinario para regularizar a situación de moitos militantes que non tiñan actualizado o pago de cotas, máis de 30 na Coruña.

None

Con todo, e a pesar das diferencias, Tello tomou a súa decisión "en contra" da opinón dos seus achegados e sen ter en conta presións da UPG nin do que queda de +G.  "Foi unha decisión persoal. Leva moitos anos en política e xa estaba canso", apunta un destacado militante coruñés.

Dous pactos

Unha decisión que inflúe, e moito, na conformación das listas coruñesas xa que sen eses votos, a corrente de Tello, apoiada por Encontro Irmandiño e unha parte de Máis Galiza, pode ser derrotada por outra alianza encabezada pola UPG co apoio de outro sector de +G. De feito, o pacto entre +G e a UPG ten provocado a baixa de algúns militantes da formación que lidera Carlos Aymerich, entre eles, Antón Tenreiro.

Segundo as fontes consultadas, o denominado "tellismo" contaba co apoio dun sector de Máis Galiza próximo ao quintanismo. Entre este sector atopase o ex deputado Pablo González Mariñas ou o ex secretario xeral de Relacións Institucionais, Xoán Antón Pérez Lema.

Diferencias na rede

As friccións de +G tamén teñen o seu eco na rede. Así, o blogueiro e militante nacionalista Antón Tenreiro explica as razóns dese "pacto contra natura" entre a UPG e +G e apunta que as "razóns oficiais" aparecerán no "blog oficial" de +G, en alusión a renovarobng.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

8 A sombrilla

Unha versión un pouco máis clara e documentada do que acontece no BNG da Coruña pode lerse aquí.

1 Gamela

Interesante análise sobre 'a noite dos coitelos longos' na Coruña... a versión será 'documentada' pero CLARA o que se dí clara... penso que non o é, nin será posible claridade algunha mentres tódolos 'nacionalistas' do país sigan a pensar no seu interese particular en lugar de xestionar o común para transformar as cousas...? Faime graza ver como +G agora seica xa non é Quintanista ? Alguén pode explicar tanta escisión-sigla-secta no BNG ? Faríannos un favor a tódolos galegos !

7 un da coru

A estas alturas, aínda hai alguén que faga o menor caso do que diga o "señor" Antón Tenreiro? El xa o dixo ben clariño no artigo que enlazades ao final da crónica: está disposto a vender o seu "puñado de votos" ao mellor postor. E ten a cara dura de acusar os demais de facelo, pero por dios! Se hai que escoller, eu quedo coa explicación que hai uns días publicaron nun blog. Alí si que hai datos, datas e argumentos, mentres que no blog de Tenreiro só se destila mala baba.

6 xose

Que pintan os infiltrados do PP dentro do BNG, e dicir a UPG; se estan traballando para o PP na Coruña e en Galicia

5 Katangueiro

Fóra miserias xa retratadas nos comentarios precedentes, o certo é que tomou unha decisión totalmente persoal. Respactable e éticamente impecable. Que tomen nota. Atribuírlle aos personaxiños do que queda de +Galiza algunha interferencia nisto é non coñecer nin a Tello nin ao grupo de persoas que o respaldan.

1 chaparello

Canta razón levas meu. A ver si tomamos unha no antigo Suso, que fai moito que non nos vemos.

4 Gamela

Sen tempo non é... aínda que rexeito profundamente as coiteladas trapeiras da UPG nesta historia, considero que algúns 'individuos' non están siquera lexitimados para ostentar representación política algunha... Agardo impaciente que renuncie ao Complemento de Altos Cargos que supoño lle corresponderá coma tenente alcalde, eses 15.000 €uros ao ano ata á súa xubilación coma profesor de filosofía NON SON DEL...! SON NOSOS !!! DE TODOS NÓS !!!

1 Chalana

Agardamos Gamela, que nos digas de onde proveñen os teus ingresos

2 dorna

Gamela o teu comentario é absolutamente ofensivo e deberías pedir desculpas se tiveses un mínimo de decencia

3 Mosquera

Hai moito ignorante, ¿non sabes que os concelleiros non son altos cargos e non teñen dereito a ese complemento?

4 chaparello

O compañeiro que confrontou con Tello para ser cabeza de lista ainda non fixo nin a mínima aportación (a que ven marcada pola nacional) e xa van tres anos de mandato, e ti falando do complemento de altos cargos, manda carallo.

5 xose

Gamela informate e non andes dando vergoña polo mundo, e menos a base de mentiras. OS CONCELLEIROS NON COBRAN PLUS DE ALTOS CARGOS. Hai que sr burro...

6 Gamela

Pois no caso de que teñades RAZÓN (que o Tenente de Alcalde non sexa equiparable ao cargo de ALCALDE cousa que aínda non teño clara) pido DESCULPAS públicamente por terlle atribuido ao Quique Tello ese "Complemento" de xeito indebido. PERDÓN. Pero un home como Henrique Tello que non foi quen de loitar pola presenza da Filosofía no Bacharelato no seu día, e que consideraba que esta materia ben podía desaparecer do curriculo sen que sucedera nada grave... penso que é pouco DIGNO de exercer coma "político" nos tempos que corren...! Se a filosofía foi boa para il... supoño que tamén o será para tódolos galegos e galegas que hoxe cursan estudos e que cicais cheguen algún día a exercer coma DIGNOS POLÍTICOS se outros non ocupan estes postos INDEBIDAMENTE.

7 Xermo-Ferrol

Como non o saibades tamen vos digo que cando se estaba a traballar sobor os es estudos de música -en Europa grao superior e eiqui nas medias con todo o que leva consigo ,para quen saiba,-o resto e o mesmo neste peís,se lle presentou a siñor Paco Rodriguez indiretamente a Tello, e o gran sindicaslista,xa sabedes,.....Pois unha merda.O PP de Valencia Ghanuolles pola esquerda.Iso é o que tedes .coño-Espertade.