A Xunta colabora no reparto de La Voz en Barcelona

O Xacobeo promociónase mediante un suplemento publicitario do diario herculino, disfrazado de información nos milleiros de exemplares repartidos gratis o sábado en Barcelona.

Por Walter Burns | Barcelona | 30/05/2010 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

Os barceloneses que collían o metro na tarde deste sábado sorprendíanse ao ver como repartidores lles entregaban de balde exemplares dun diario galego, La Voz de Galicia.

None

O reparto gratuíto de milleiros de xornais da cabeceira coruñesa forma parte da estratexia de promoción pagada pola S.A. De Xestión do Xacobeo, dependente da Consellería de Cultura. E é que canda La Voz do sábado entregábase un suplemento dunhas 16 páxinas sobre o camiño de Santiago.

O suplemento, encartado separadamente, estaba redactado polos traballadores de La Voz. O seu deseño era o habitual dos suplementos do diario herculino, sen avisar que se trataba non de información senón de unha acción de propaganda institucional. Así, destacaba todas as vantaxes de facer o camiño e os concertos e actos programados pola Xunta.

O reparto masivo de exemplares de La Voz ten sido recentemente criticado polos quiosqueiros e polo seu gran rival en Pontevedra. O Faro de Vigo arremete recurrentemente contra o reparto de exemplares de La Voz, a miúdo financiado por institucións provinciais e locais.

Con todo, a lea polo reparto gratuíto, mesmo en bloque, de La Voz e doutros xornais vén de lonxe, como explica Marcos S. Pérez neste detallado  artigo de Tempos Novos.

None

Trátase dunha estratexia que usan case todas as cabeceiras para enmascarar os seus datos do OJD, atoados ou en retroceso nos últimos anos ante o pulo da prensa dixital.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

11 FERDINAD

A ALGUÉN LLE EXTRAÑA? Hai tempo que A Coz de Malicia "vive" das subvencións da Xunta e mais despois de que lle axudara a alguén a gañer unhas eleccións autonómicas. O que debemos esixir que se fagan públicas as subvencións (por tódolos conceptos) que reciben os medios de Galicia do Goberno.

10 Galeg@

A Xunta colabora coa Voz e o presidente, conculcando a norma legal pola que se concederon as TDT, comparece nun programa en castelán nunha televisión autonómica galega. Feijóo é o primeiro en non cumprir a lei.

9 Outra visom

Os comentários 5 e 6 som umha resposta ao comentário 7. Nom sei porquê aparecem antes. Certamente os comentários nom tenhem nada a ver coa nova que estamos a ler (relacionada coa Voz de Galicia). Só som umha resposta a antisionista.

8 roman

O que temos que facer os demócratas deste país, non é nen maís nen menos que facerlle o boicoz, non somentes a Voz de Galicia, se´non que é moi importante facer un listado de empresas que se anuncian habitualmente na Voz de Galicia, como pode ser o Banco Pastor, e outros, dende logo eu xa saquei tódolos meus aforros deste banco en parte porque me dixeron que tiña algún problemiña. E dende logo na televisión facer o mesmo BOICOZ A TODALAS EMPRESAS QUE SE ANUNCIEN NA VOZ DE GALICIA, BEN SEÑA NA RADIO, NO XORNAL OU NA TELEVISIÓN.

1 Xesús Gómez

De tantos boicots que propoñedes (debedes andar polo menos a un por semana) vai haber que levar unha lista no bolsillo -como nos sonan as listas negras, tan democráticas elas- ou metida xa no teléfono móbil cunha alarma para que nos lembre cada vez que entramos a mercar algo, non vaia ser que alí lean ou teñan algo que ver coa Voz. É un pouco patético. A ver se hoxe te pos a facerlle boicot aos productos israelís, vas quedar pasmado das súas relacións comerciais no mundo!

2 roman

As túas palabras parecen as Santiago Rey , dende logo non te preocupes, as bebidas alcohólicas que se anuncian na voz de Galicia non son partidario de boicotearllas, senón ó mellor non ten con que almorzar

3 romano

jajaja, veña roman, eres un grande. Iso si, cando compres o Xornal acórdate de criticar e boicotear o de Gaiás, onde ten moitos cartos en contratos un tal Jacinto Rey. Sónache dalgo, ou?

4 ROMAN

Empresas que se anuncian na Voz de Galicia: BANCO PASTOR E FONTECELTA, NEN UN DURO PARA ESTES PERSONAXES.

7 antisionista

Queremos un artigo de Gómez Valadés !!!! Xa tarda o sionista en xustificar os asasinatos dos cooperantes que levaban axuda humanitaria a Palestina.