A Xunta colabora no reparto de La Voz en Barcelona

O Xacobeo promociónase mediante un suplemento publicitario do diario herculino, disfrazado de información nos milleiros de exemplares repartidos gratis o sábado en Barcelona.

Por Walter Burns | Barcelona | 30/05/2010 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

Os barceloneses que collían o metro na tarde deste sábado sorprendíanse ao ver como repartidores lles entregaban de balde exemplares dun diario galego, La Voz de Galicia.

None

O reparto gratuíto de milleiros de xornais da cabeceira coruñesa forma parte da estratexia de promoción pagada pola S.A. De Xestión do Xacobeo, dependente da Consellería de Cultura. E é que canda La Voz do sábado entregábase un suplemento dunhas 16 páxinas sobre o camiño de Santiago.

O suplemento, encartado separadamente, estaba redactado polos traballadores de La Voz. O seu deseño era o habitual dos suplementos do diario herculino, sen avisar que se trataba non de información senón de unha acción de propaganda institucional. Así, destacaba todas as vantaxes de facer o camiño e os concertos e actos programados pola Xunta.

O reparto masivo de exemplares de La Voz ten sido recentemente criticado polos quiosqueiros e polo seu gran rival en Pontevedra. O Faro de Vigo arremete recurrentemente contra o reparto de exemplares de La Voz, a miúdo financiado por institucións provinciais e locais.

Con todo, a lea polo reparto gratuíto, mesmo en bloque, de La Voz e doutros xornais vén de lonxe, como explica Marcos S. Pérez neste detallado  artigo de Tempos Novos.

None

Trátase dunha estratexia que usan case todas as cabeceiras para enmascarar os seus datos do OJD, atoados ou en retroceso nos últimos anos ante o pulo da prensa dixital.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

6 Outra visom

Só se trata de provocar e intoxicar, e muitos dos cooperantes som enganados polos terroristas de Hamas. As cousas nom se fam pola força e os que pretendérom forçar as cousas fôrom Hamas e os cooperantes e eles som os causantes das mortes desta gente. Se só queriam entregar alimentos porque enfrontar-se ao exército? Está claro que esta era umha manobra militar de Hamas.

5 Outra visom

Gaza nom passa fame. Isto é mentira. O desembarco forma parte da propaganda árabe para tentar romper as negociações indirectas entre israelis e palestinos. Desde Gaza todas as semanas há ataques com mísseis contra território israeli. É normal que o Estado de Israel proteja à sua populaçom tanto árabe como israeli de serem mortos por estes mísseis. Portanto numha situaçom de guerra o exército tem que cuidar todo o que entra em Gaza que nom som só alimentos. O exército avisou e os "cooperantes" nom fizérom caso. No Sahara o governo espanhol retirou-se por nom produzir um massacre. Agora o Sahara está ocupado por Marrocos e as condições de vida dos saharauis é lamentável. Este tipo de actuações nom som para que os habitantes de Gaza nom passem fame; o governo israeli dixo que se os alimentos entravam polos médios habituais nom haveria problema.

4 Exilado

La Voz de Galicia é un tigre de papel

3 Rayleigh

Onte no Faro de Vigo (que tamén lle teñen gañas) apareceu a última oleada de medios..e "La Voz", perdeu 2 mil exemplares con respeto á última, e xa está por debaixo dos 50 mil exemplares vendidos en kioscos. A este paso non chega as próximas eleccións xerais en 2012

2 Caida libre

Non me estrana que vaia costa abaixo, decantóuse por Feijoo, pois véndelle a eles. Agora, que os que eu coñezo de dereitas non che son moito de ler periódicos, nin siquera de gañote