A Xunta colabora no reparto de La Voz en Barcelona

O Xacobeo promociónase mediante un suplemento publicitario do diario herculino, disfrazado de información nos milleiros de exemplares repartidos gratis o sábado en Barcelona.

Por Walter Burns | Barcelona | 30/05/2010 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

Os barceloneses que collían o metro na tarde deste sábado sorprendíanse ao ver como repartidores lles entregaban de balde exemplares dun diario galego, La Voz de Galicia.

None

O reparto gratuíto de milleiros de xornais da cabeceira coruñesa forma parte da estratexia de promoción pagada pola S.A. De Xestión do Xacobeo, dependente da Consellería de Cultura. E é que canda La Voz do sábado entregábase un suplemento dunhas 16 páxinas sobre o camiño de Santiago.

O suplemento, encartado separadamente, estaba redactado polos traballadores de La Voz. O seu deseño era o habitual dos suplementos do diario herculino, sen avisar que se trataba non de información senón de unha acción de propaganda institucional. Así, destacaba todas as vantaxes de facer o camiño e os concertos e actos programados pola Xunta.

O reparto masivo de exemplares de La Voz ten sido recentemente criticado polos quiosqueiros e polo seu gran rival en Pontevedra. O Faro de Vigo arremete recurrentemente contra o reparto de exemplares de La Voz, a miúdo financiado por institucións provinciais e locais.

Con todo, a lea polo reparto gratuíto, mesmo en bloque, de La Voz e doutros xornais vén de lonxe, como explica Marcos S. Pérez neste detallado  artigo de Tempos Novos.

None

Trátase dunha estratexia que usan case todas as cabeceiras para enmascarar os seus datos do OJD, atoados ou en retroceso nos últimos anos ante o pulo da prensa dixital.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

1 un calquera

Os hospitais, os trens, os supermercados, os institutos, as feiras gastronómicas, calquera tipo de certame, nos bares por unha subscripción traenche 2 ou tres exemplares.. en fin La Coz é o gratuíto de máis difusión en Galicia o cal está ben se non fose porque eso pagámolo entre todos. A crise, a emerxencia de internet, a reducción dos gastos en publicidade.. por suposto son das causas que inflúen. Non sei o que lle inflúe a La Voz de Galicia outro feito distintivo pero tan real coma os anteriores: Nas 4 últimas e masivas manifestacións a prol da língua galega eu non vin a ninguén con La Voz baixo o brazo, e iso que algunhas eran en Domingo. Que un medio que se reclama "de Galicia" non sexa considerado afin por moitos movementos que se fan en Galicia non debe ser moi bó. Digo eu.

1 Alfonso García

e dis ben. É La Voz de Santiago Rey, que se cre a voz do pobo, e só sae do despacho para escoitar á xente protestar e logo escribir as súas homilías. Moi de cando en vez, non se vaia cansar o señorito de La Coruña!

2 Rubio

Se a la Voz de Galicvia lle quitan os millóns de euros que lle da a Xunta e a TVG tería que pechar, e Galicia gañaría moito.