Eva Solla receita a Villares “diálogo” para “resolver as dificultades” en En Marea

A coordinadora de Esquerda Unida advirte de que as diferenzas dentro da formación estrutural non se arranxarán con "solucións improvisadas de última hora" como a proposta de ampliar a coordinadora do partido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2017 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

A coordinadora de Esquerda Unida (EU), Eva Solla, requiriu este luns "diálogo" ao portavoz de En Marea, Luís Villares, consciente de que "as dificultades" existentes dentro da formación estrutural non se arranxarán con "solucións improvisadas de última hora" como a proposta de ampliar a coordinadora do partido.

A deputada de En Marea e membro de EU Eva Solla
A deputada de En Marea e membro de EU Eva Solla

En declaracións nos corredores do Parlamento, onde comparte bancada con Villares, Solla mostrouse crítica coa formulación de ampliar a coordinadora de 11 a 15 persoas para tentar agrupar "todas as sensibilidades".

Tras puntualizar que ese asunto non foi debatido nos órganos de EU, lembrou que o seu partido xa explicitou no seu momento que non concorda co "método" co que se designou a coordinadora "porque incumpre os acordos da última asemblea de En Marea", argumentou, antes de deixar claro que a postura non variou.

Así é que, ante o aumento das discrepancias entre os distintos grupos que conforman En Marea, Eva Solla insistiu en que "a maneira de resolver as dificultades" ten que ser "en positivo" e "pola vía do diálogo". "Hai que traballar nese sentido", reclamou.

"CUMPRIR OS ACORDOS"

E, sen perder de vista esa denuncia de "incumprimento dos acordos" da anterior asemblea de En Marea, a tamén vicepresidenta segunda da Cámara xulgou "moi relevante cumprir" o aprobado.

"Nós declinamos participar nun proceso electoral como tal en pos de algo común e, cando se toman decisións nos espazos amplos, o normal é cumprir", profundou, non sen sinalar que o seu partido descoñece que cuestións se debaterán no plenario do día 15.

"Como organización, non tivemos ningún contacto nese sentido nin se nos trasladou ningunha información", remachou quen, ademais, lidera o Partido Comunista de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

5 arzuacapital

esta rapaza agora está crecida, e non lembra que está aí ela e os seus de iu por obra e gracia (desfeita) de Beiras....mellor que cale e baixe os fumes... O de marea é de risa e de pena. Os anova iu podemos e Ferreiros de turno agora queren decapitar ao tío ao que convenceron e liaron par meterse neste embolado todo porque eles non controlan o cotarro? vaia ruturistas de pacotilla. E o Asegurado ese ....que xa lle tarda ter cacho no invento... Infantilismo político

1 LKI

O que demostra que no panorama político galego calquera é mais intelixente que o BeNeGá, que quedáchedes ensimismados e atascados en Amio2012 forever.

2 LKK

Venlles ben ter aí a Viyares para botarlle a culpa de cando perdan as alcaldías os tres baróns

3 arzuacapital

"O que demostra que no panorama político galego calquera é mais intelixente que o BeNeGá ". Home, iso non che ten mérito ningún...

4 RAMIRO DE YOLI

Eva : E a Yoli Procesiones que lle recetas ?

3 Gamela

Quen fala de diálogo ben podera aplicarse o conto, pois esta muller e o seu "segundo" teñen unha fea costume: bloquear nas redes sociais a quen lle dí o que non lles gusta! É unha conducta moi pouco democrática para quen dí abandeirar un proceso de transformación da vella política en Galicia! Suponse que a Marea de Vigo é un lugar "escuro" no que calquera disidencia é condeada ao ostracismo mediático segundo podedes comprobar tanto en Twitter https://twitter.com/search?q=%23Gam...

1 Gamela

// Pero é a mesma Eva Solla (vicepresidenta da mesa do Parlamento do Hörreo) quen debera ter vergoña de saber que en Vigo acaban de pechar un albergue a 50 persoas excluídas por cuestións puramente administrativas sen que a Marea que dirixe Rubén Pérez Correa abrise a boca nin denunciara siquera a situación ! Ten que ser a Voz de Galicia quen se faga eco deste caso ? Xa lles vale a esta pandilla de VIVIDORES da Política !!! http://www.lavozdegalicia.es/notici...

2 Gamela

Será que con nóminas de 5.032 euros ao mes calquera é COMUNISTA ? https://goo.gl/L8xKOh

2 Votante Nós Pobra

Non entendo nada do que pasa na Marea. Todo bandos, exclusións, ombliguismo... Non vexo propostas, alternativas... e se as hai estanse silenciado polo ruido de sables. Dende fóra, creo que Unidos Podemos tenta manipular e sucursalizar o espazo rupturista. En Valencia e Catalunya non o conseguiron. A ver qué acontece en Galicia...

1 anonimo

O que acontece en Galicia é unha mediocridade e un cainismo deprimentes, por non dicir que invitan a cortar as veas. E que botan para atrás a calquera cun mínimo de currículo e talento. E a radicalidade democrática das primarias á búlgara non axuda moito, tampouco

1 comunista independentista

Trolls a soldo do Bloque a ladrar en 3, 2, 1...

1 Androide

Que ladren, canten ou rían, como queiran, porque estes de En Marea non deixan de dar motivos para partirse de risa.

2 O que queda do Bng

O que pasa é que, mentres vos rides da Marea, o Bng desaparece na intrascendencia. Pero ride, ride.