Temas: TERRORISMO ETA

Hai que lembrar a Miguel Ángel Blanco ou a todas as vítimas de ETA?

Os populares de Santiago propoñen colgar unha placa en memoria do ex concelleiro popular en Ermua e aproveitan para incluír a “outras vítimas” da cidade. Podemos e PSOE denuncian que haxa “categorías” entre os asasinados de ETA.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/07/2017 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O PPdeG quere aproveitar o 20 aniversario do asasinato do ex concelleiro do PP en Ermua, Miguel Ángel Blanco, e ir máis alá das homenaxes. Sabedor da polémica aberta en numerosos concellos do Estado ante a negativa de Podemos e do PSOE a sumarse ás actividades programadas polo PP para lembrar a este edil, o portavoz do Grupo Municipal Popular no Concello de Santiago, Agustín Hernández, anunciou que o seu partido proporá unha moción ao pleno para solicitar que se colgue unha placa en memoria de Miguel Ángel Blanco.

Imaxes do atentado de ETA contra a casa cuartel de Vic
Imaxes do atentado de ETA contra a casa cuartel de Vic

Para evitar as críticas do grupos do goberno e doutros da oposición, os populares queren tamén que esa placa sirva para homenaxear a outras vítimas do terrorismo vinculadas con Santiago. E o certo é que Miguel Ángel Blanco, a pesar de ser de pais galegos, non tiña ningún vínculo coa capital galega.

Entre estas vítimas relacionadas "directa ou indirectamente" con Santiago están Ricardo Couso Ríos, un garda civil natural de Santiago asasinado en Biscaia a mans de ETA; Pedro Cabezas González e Constantino Limia Nogueiras, asasinados polo Grapo no Banco de España en 1979; Manuel Vázquez Cacharrón, asasinado tamén pola banda Grapo en 1978; e María Mercedes Domínguez, vítima dunha explosión provocada polo Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) en 1990.

“Memoria e dignidade”

“A moción pretende de maneira clara ser un recoñecemento á dignidade, á memoria e á xustiza das vítimas do terrorismo porque é importantísimo que as administracións fagan ese tipo de actos”, indicou Hernández.  "Consideramos máis interesante pedir unha placa que unha rúa porque somos coñecedores de que existen moitas peticións de rúas na cidade e é un tema que non admite espera", engadiu.

Vítimas do atentado de ETA no Hipercor de Barcelona
Vítimas do atentado de ETA no Hipercor de Barcelona

O anuncio dos populares composteláns coincide co vixésimo aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco. En varios concellos impulsáronse actos para lembrar a súa figura e, precisamente, na capital de España xerouse polémica porque a alcaldesa, Manuela Carmena, rexeitou colgar unha foto na sede municipal da vítima, ao considerar que "non ten moito sentido" e "para non facer unha situación de menosprezo dunhas vítimas en relación a outras".

Precisamente, tanto Podemos como o PSOE criticaron que só se lembre a Miguel Ángel Blanco e non ao resto dos 829 asasinados por ETA e denuncian que hai “categorías” dentro das vítimas. De feito, nunca antes se fixeron homenaxes semellantes polas grandes masacres cometidas por esta banda como foron as matanzas do Hipercor en Barcelona (21 mortos), a das casas cuartel de Vic (10) e Zaragoza (11) ou a da praza da República Dominicana en Madrid (12).

Temas: TERRORISMO ETA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

7 Gamela

Ao mellor deberamos honrar ás vítimas que aínda non acadaron a xustiza que reclaman! Santiago ten unha data moi oportuna para facelo o 24 de xullo próximo! https://goo.gl/B8DFpq E logo para deixar de marear pendurar unha imaxe de Miguel Angel Blanco das torres da Catedral e que o PP fale co arcebispo para que organice un Solemne Te Deum e todos contentes... non si?

6 Nexus 6

Parece mentira. Este diario que tanto se afanó en reivindicar a galeguidade de un héroe de padre asturiano con apellido vasco, nacido en Ferrol, criado en Puentes de García Rodríguez, que veraneaba en Santender y vivía en Las Rozas, provincia de Madrid, (dónde sigue haciéndolo el resto de su familia), no reclame con la misma fuerza a galeguidade de un muchaoho español de padres y familia gallegos, con casa familiar en la Provincia de Orense. Pero claro, este chico español de ascendencia gallega tuvo los santos cojo nes de militar en el PP en el País Vasco cuando allí te mataban por pensar diferente mientras los NAZIONALISTAS del PNV miraban para otro lado y los H.P. de Batasuna jaleaban a los asesinos.

1 Nexus 6

Ese muchacho español y gallego - vasco, fue raptado a punta de pistola y asesinado con dos tiros en la nuca mientras estaba de rodillas y con las manos atadas. Ese concejal gallego del PP, junto a otros muchos españoles del mismo partido, del PSOE, militares, policías, guardias civiles, periodistas, niños, niñas, hijos, hijas, maridos, esposas, novios, novias, empresarios, trabajadores, escritores, jueces, fiscales, ingenieros y no sigo porque no acabaría nunca, fueron asesinados por una banda de criminales a quienes hoy parecen justificar y defender muchos H.P. , que han olvidado los horrores de los años no tan lejanos en los que los asesinos nazionalistas de la izquierda comunista vasca mataba sin piedad a quienes no pensaban como ellos.

2 Viguesa

Yo pienso q estás muy equivocado. Por una vez estoy de acuerdo con este periódico. Soy votante de Ciudadanos. Me dolió y lloré con lo que le hicieron a Miguel Ángel Blanco, pero el PP se equivoca utilizandolo de esta manera torticera y evitando que los protagonistas sean también esos valientes guardias civiles, o sus familias, esos niños que murieron en Vic o los ciudadanos inocentes que también asesinaron en el Hipercor de Barcelona. Asesinados por esos sinvergüenzas terroristas fueron todos y hay q honrarlos a todos, no sólo a uno, y se diga después que es a todos

5 Eu mesmo

Non sei eu si persoalizar as matanzas de ETA é acaido. Coido que mellor será algo así como as testemuñas e honras que se fan ao "soldado descoñecido", que representan a tódolos caídos no combate, pois non hai mortos vip e do resto. Isto sen deixar de recoñecer as especiais circunstancias na morte do rapaz de Ermua. Ernets Lluch, Francisco Tomás y Valiente e tantos outros...

4 Berros

A Miguel Ángel Blanco y a todas las víctimas de terrorismo. Pero Miguel Ángel Blanco es especialmente reseñable por la inmensa respuesta ciudadana a su asesinato.

3 EnElNombreDeCristoMeHonro

Me permito llamar la atención sobre la moderación de GC por si el gallizo de más abajo estuviese cometiendo un delito de humillación a las víctimas del terrorismo.