Por Adela Figueroa | Lugo | 21/08/2010
A internodalidade é un destes termos que ven acompañar ao de sustentabilidade xá abondo manuseado para xustificar todo tipo de actuacións segan ou non boas prácticas ambientais.
A intermodalidade xá a practicamos quen usamos o transporte público. De autobus ao avión, ou do taxi ao comboio.
Quen non a practican son os políticos que deciden acerca da nosa movilidade sen teren en conta as necesidades das usuárias do transporte público que eles non coñecen porque non o usan.
A Estación de Autobuses de Lugo é excepcional se compararmos côas outras da Galiza : É Ce´ntrica, Non está en dous andares, é acesível para ancians e cidadans con dificuldades de movilidade e SOBRE TODO:
Está próxima á maioria dos/das seus usuárias/os.
Quen usa a Estación de Autobuses?:
a) Os estudantes: hai catro centros de ensino nas proximidades: Escola de Maxisterio, e tres institutos, que entre todos superan as catro mil persoas das que un 20% utiliza o transporte público para ir e vir a sua casa .A Universidade fica próxima tamén e o Instituto das Mercedes un dos mais numerosos de Lugo.
b) Os habitantes do rural lucense que encontran unha grande profusión de servizos na sua proximidade pólo que poden vir a Lugo con facilidade para resolveren calquera xestión rápida.
c) os usuários que procuramos rexeitar o coche particular. Algunhas porque tratamos de evitar a contaminación que producen , outros porque non o teñen ou non conducen.
d) Os peregrinos que , ainda que non sexan muitos , poderian ser mais se o Camiño se coidase en Lugo.
E dicir , quen usa a Estación de Autobuses e se beneficia das sua ventaxosa excepcionalidade que citei mais acima é o povo. O comboio, en Lugo fica en desuso, pólo mal servizo que presta aos/as posiveis usuárias. Lugo é a única das capitais galegas que non ten comunicación por tren con Santiago , cando esta comunicación seria muito mais barata que a autoestrada que vai destrozar unha gran parte do noso territrio e non vai favorecer o uso do transporte público. Mais barato que o AVE que nin se sabe se vai chegar ou non, e mais barato que trasladar a estacion de autobuses para perder a sua ubicación privilexiada .
Por todo ISO a Intermodalidade teria sentido se houver un Bon servizo de caminho de ferro desde Lugo. Este servizo deberia cubrir as catro capitais con modernos intercitis como o que une Vigo e A Coruña, e transporte de media e curta distancia cós núcleos mais importantes da contorna. Sárria, Monforte, Guitiriz, etc. Lugo deberia ter unha liña côa costa que ligase côa do FEVE , para estarmos no camiño de Europa transpirenaica e da Portuguesa via Santiago Vigo. Esta proposta é barata pouco agresiva ambientalmente e práctica porque romperia o aillamento actual de Lugo.
Na nosa historia Lugo foi escollida como porta da Gallaecia Norte pólos Romanos, e como entrada a Galiza pólo Camiño Primitivo cara a Compostela. A desídia da cidadania e da clase política teñena postergada ao esquecemento das grandes vias de comunicación. Rompamos esa tendência potenciando o tren Poderemos falar entón de intermodalidade.
O proxecto do alcalde para recalificar os terreos da Estación de Autobuses para continuar côa perigosa carreira da especulación urbanística é alarmante, antiecolóxica e antisocial.
Basta xá de cemento e da saturación de vivendas cando existen en Lugo muitas mais das necesarias para os habitantes da cidade .