Por Walter Burns | | 09/09/2010
Creo que co tempo o mesmo pode pasar co manifesto “Os medios galegos importan”.
Como unha metralleta, o texto identifica culpábeis da desaparición de varias cabeceiras. Non se nomean pero que están na mente de todos. Gznación, Vieiros e o semanario A Nosa Terra, presidido por Alfonso Eiré, promotor deste manifesto e da súa web.
Culpábel son os gobernos, por non chuzarlle tantos cartos como aos medios en castelán ,“que non o precisan tanto”, pois todos sabemos que os que escriben castelan comen menos.
Culpábel é o público por non mercar estas cabeceiras .
Culpábel son anunciantes (agárrate BAP Conde – Gadis – Vivamos como galegos) pois as “empresas utilizan a galeguidade para posicionarse nos mercados, pero logo non hai nin lectores nin anunciantes”.
Culpábel somos todos, que enfeitizados por Feijóo agardamos “que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sós”.
E os que financian e dirixen eses medios que agora desaparecen, teñen algo de culpa?
Non, en absoluto. Propietarios, editores e directores son os únicos que zafan no manifesto. É máis, teñen lexitimidade de abondo para lembrarnos cal é o noso pecado orixinal e canto lle debemos.
Espero que o día que fracase e desapareza este Galicia Confidencial (nada é eterno) quen o pariu, Xurxo, e os que lle axudamos a mantelo fagamos algo de autocrítica.
Ou tamén podemos botarlle a culpa aos redactores d'A Peneira, que dicían que lles debían seis meses, e só eran cinco e medio.
Por dar o mellor de si, por manter vivo un medio en galego sen ver un peso. Por todo iso e máis, culpábeis, eles tamén.