Imitadores de Marx

Cando coñecín os comentarios emitidos polo presidente da Xunta e polos voceiros do PSdG e do PPdG que defenderan no Congreso dos Deputados a proposición de lei orgánica do Parlamento galego solicitando a transferencia das competencias sobre o tráfico, crin estar vendo unha mala copia dos filmes dos irmáns Marx.

Por Xesús Veiga | Santiago | 13/09/2010

Comparte esta noticia

“Estes son os meus principios; se non lle gustan teño outros”, dicía o inesquecíbel Groucho.Os seus pretendidos imitadores na política galega afirman agora que é perfectamente normal defender a transferencia no pazo do Hórreo e non apoiala na sede do Parlamento estatal.Ou que o PP –a diferenza do PSOE- non pechou a porta da transferencia aínda que impediu –coa súa abstención- que se abrira legalmente semellante posibilidade.

O xornal de maior difusión dos que se editan no territorio galego tamén quixo facer unha homenaxe ao surrealismo marxiano e decidiu que o episodio acontecido o martes 7 de Setembro no Congreso non merecía figurar na primeira páxina da edición do día seguinte.Total, para qué?A quen lle interesa, de verdade, o futuro do tráfico, mais alá do parte de sucesos que aparece cada luns?E ademais:non se trata de facerlle o xogo ao BNG e moito menos a un político –Anxo Quintana- que debe ficar enterrado “ad calendas grecas”.

Vintecatro horas despois da votación parlamentaria de Madrid, Alberto Núñez Feijoo regalounos outra xoia do seu potente marxismo cinematográfico: prometeu que o PP seguía tendo na súa axenda política a transferencia de tráfico.Con este dirixente, todo é posíbel.Canto tardará en proclamar que nunca pertencería a un partido que admitira como afiliado a alguén coma el?

Fagan apostas.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.