Saber galego é un deber no borrador do Estatuto do PSdeG

Máximas competencias e igual status para as dúas linguas oficiais. Estas son algunhas das claves da proposta de Estauto de Galicia lanzada esta mañá. Descarga o texto completo da proposta socialisa no interior.

Por Walter Burns | Santiago | 27/09/2010 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

O PSdeG bótase para adiante. Pachi Vázquez presentou esta mañá no Parlamento unha proposta completa de novo Estatuto de Autonomía de Galicia. Os socialistas argumentan que case pasou a metade de lexislatura, polo que se Feijóo realmente quere, como prometeu, aprobar un Estatuto agora é o momento de comezar a súa longra tramitación.

None

Os socialistas lembran que seis autonomías xa reformaron o seu estatuto. Vázquez alerta que estamos a perder a efectos prácticos o status privilexiado de comunidade histórica que mantiñamos até hai uns anos. Por iso demanda o “máximo teito de competencias dentro do marco constitucional”.

Feijóo parou por orden de Rajoy

O certo é que a barreira para ter un novo texto non é de competencias. Sobre iso e o resto aspectos había acordo entre as tres forzas parlamentarias. Foi Alberto Nuñez Feijóo quen, na pasada lexislatura, parou o acordo a última horas por ordes de Génova. Lingua e definición de Galicia como nación foron os argumentos que os conservadores presentaron como barreiras.

Por vez primeira o galego sería un deber

No eido da lingua, o PSdeG quere igualar o status de galego e español. Saber castelán é unha obriga para todos os galegos, pero sobre a lingua propia o Estatuto actual só di que “os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar”.

O borrador socialista vai máis alá e di “os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia. Todos teñen dereito ao uso de calquera das dúas linguas oficiais, e os cidadáns de Galicia o dereito e o deber de coñecelas”.

O truco do Preámbulo

A outra gran barreira esgrimida polo PPdeG era a definición de Galicia como nación. Touriño e Quintana pactaran unha solución de compromiso, definir ao país como “nazón de breogán”, tal e como se canta no himno. Esta é a solución que calca o PSdeG. Ademais, incorpóraa no Preámbulo, igual que fixera o polémico Estatut. O Tribunal Constitucional non se pronunciou sobre o uso de nación para Cataluña, alegando que ao estar no Preámbulo non tiña efectos.

“O noso himno refírese a Galicia como a 'nazón de Breogán'. Este recoñecemento do carácter nacional de Galicia reafirma a forte identidade histórica da nosa comunidade e os seus trazos específicos, que se plasman nunha lingua e cultura propias que expresan a nosa singular e matizar percepción do mundo”, é a actual proposta socialista". 

Reformar o Estatuto sae gratis

 Feijóo negárase até hoxe a reabrir o debate do estatuto alegando que a prioridade é a crise. Pachi Vázquez xa lle respondeu que reformar a norma non custa un peso e que Galicia perde miles de millóns ao non ter un Estatuto de nova xeración, que permitiría, ao igual que o catalán, fixar un novo marco de relacións económicas co Estado.

Dende GC somos os primeiros en falicitarvos a proposta completa do PSdeG. Agora animámosvos a debatela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 82 comentarios

21 que medo!

Por un momento e despois de leer certos comentarios pensei que viaxara no tempo á predemocracia. Cando comeza a noite dos libros queimados?, van en camiño...

20 tan tolos

Comezou a caza de bruxas, a noite dos libros queimados (en galego)a ultradereita esta desaforada

19 dsgsdgs

¿Cual esel porcentaje "justo" de hablantes de gallego en galicia? ¿Cuál es el % máximo de castellanohablantes habituales que debe consentirse en Galicia? gracias por responder

1 toliño de medo

¿Hablantes de gallego? Para gente como tú los menos posibles ¿Cuántos gallegos que tengan competencia en gallego? Por favor, pero si el gallego es una pérdida de tiempo y encerella a nuestros niños con bes y uves, que competencia ni que pamplinas, para eso ya está el español, que es un idioma de primera. Así piensan los extremistas de Galicia Bilingüe.

18 sdsv

¿Y los datos de las votaciones dentro de TODOS los centros de Infantil de Galicia? ¿Alguien sabe a cuanto asciende el % de personas que votaron por el español y tienen que aguantarse porque en su centro o en su contorno ganó el gallego? gracias. Ah no, que las únicas minorías que os importan son las que quieren gallego en centros donde la mayoria quiere español jajajajaja. Cuando es al revés, el gallego debe imponerse porque es "la lengua natural del entorno"

1 raxozorza

Pasa para a caverna, CAN!

17 liberados do PP??

A ultradereita bombardea os foros, cuidadín.

1 Manolo

Cree el ladrón que todos son de su condición

2 un calquera

Foi falar xudas dos chivatos.