Rueda di á oposición que "cada vez menos xente cre" a súa "visión apocalíptica" e apela a buscar consensos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, atribuíu a "algún" dos portavoces da oposición unha "visión apocalíptica" de Galicia durante a súa intervención no Debate sobre o Estado da Autonomía, e considerou que este panorama "cada vez creo menos xente".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2017 | Actualizada ás 14:24 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, atribuíu a "algún" dos portavoces da oposición unha "visión apocalíptica" de Galicia durante a súa intervención no Debate sobre o Estado da Autonomía, e considerou que este panorama "cada vez creo menos xente".

Fronte a isto, esperou "recibir achegas positivas" por parte dos grupos, co obxectivo de que este venres se aproben resolucións no Parlamento galego "canto máis consensuadas" e sobre cuestións "que se poidan facer".

A este respecto, na rolda de prensa posterior ao Consello, Rueda contrapuxo a "estabilidade" de Galicia, que na súa opinión "permite" executar medidas, coa "enorme inestabilidade que algúns queren trasladar" á comunidade.

Sobre a primeira sesión do debate, valorou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expuxo unha "visión realista" das circunstancias, sobre actuacións xa acometidas e "tamén o que se quere facer" a partir de agora, nunha Galicia "con mellores perspectivas", o que "permite facer máis cousas".

Neste sentido, reivindicou algúns dos anuncios de Feijóo no Parlamento, referidos a rebaixas fiscais, atención á dependencia e "máis axudas sociais". "Vai por esa liña", dixo.

Ademais, considerou que "as cousas que se propoñen" por parte do Executivo autonómico "vanse facendo" e advertiu de que "o tempo demostrará" este extremo, tamén cos novos anuncios.

Da oposición, pola contra, afeou que teña "pouco que achegar", e fixo alusión aos últimos resultados electorais na comunidade para tratar de evidenciar que "cada vez" cre "menos xente" as ideas que transmiten estes grupos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta