Cantos barcos perigosos pasaron por Galicia o día do aniversario do desastre do Prestige?

A maioría deles segue navegando baixo bandeiras de conveniencia e moitos non teñen o dobre casco para transportar mercadorías perigosas.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 15/11/2017 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

Centos de buques con cargas perigosas e similares ao Prestige pasan cada ano pola zona onde se produciu o accidente do barco hai 15 anos. De feito, o pasado luns, día do fatídico aniversario, eran 30 os buques que estaban cruzando polo coñecido como Corredor de Fisterra durante a tarde.

Tráfico de barcos perigosos, como o Prestige, no Corredor de Fisterra o pasado 13 de novembro de 2017, 15 anos despois da traxedia
Tráfico de barcos perigosos, como o Prestige, no Corredor de Fisterra o pasado 13 de novembro de 2017, 15 anos despois da traxedia

A web naturaleza cantábrica critica que a maioría destes buques seguen estando nas mesmas condicións de alegalidade que o Prestige. Os sus pavillóns son de bandeiras de conveniencia: Illas Marshall, Liberia, Bahamas Singapura, Panamá, Malta, Antigua e Barbuda ou Bermudas. Desta forma evitan os controis e as regulacións tanto fiscais como de seguridade.

De feito, o Prestige era un barco dunha empresa liberiana (Mare Shipping), a bandeira era de Bahamas, o armador era grego e a carga era rusa e letona. A tripulación era maioritariamente filipina e romanesa. Condicións que se seguen repetindo 15 anos despois do accidente.

Polo tanto, moitas das promesas que se fixeron entón seguen sen cumprirse. Ademais, estes buque non teñen nin dobres casos, nin tampouco hai designado un “porto suxo” ou “porto de refuxio” no caso de catástrofe. “Nada, absolutamente nada. Seguimos estando a mercé dos temporais, dunha frota de piratas e dunha cuadrilla de políticos incompetentes”, denuncian desde esta web.

Hai uns días Greenpeace tamén denunciaba que unha catástrofe ambiental similar á que ocasionou o accidente do petroleiro 'Prestige' hai 15 anos podería volver ocorrer de novo sen que España estea preparada para facerlle fronte "con solvencia" mentres o petróleo "segue viaxando polos mares sen as suficientes medidas de seguridade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta