Un brillo á ilusión, un brillo á esperanza, ¿é posible?

Si…haina…

Por Carlos González Armada | Vigo | 01/12/2017

Comparte esta noticia
Eu creo que existe ilusión e esperanza, creo que unha nova política aínda é posible, creo que a política con maiúsculas, aquela que axuda á xente de abaixo, aos que máis necesitan, aquela que mellora o benestar dos cidadáns de a pé, dos que xeran riqueza á sociedade, aquela política que moitos cremos que poderiamos facer con Podemos, aínda é posible.
 
Os que fomos bautizados como os críticos de Podemos levamos na loita pola recuperación daquel ADN orixinal, daquela ilusión que nos levantou do sofá, daquel espírito 15 M adquirido na loita dos nosos dereitos na rúa, xa moito tempo…pero a cada actuación do partido, a cada paso que avanzamos a desilusión na xente que nos rodea é máis grande, a desilusión de ver un partido que puido ser a rexeneración democrática do noso país, dun partido que nos prometeu renda básica e plurinacionalidad, que nos fixo pensar que realizar un proxecto constituínte que rexenerase a nosa democracia e acabase co réxime do 78 era posible, aquel que tantas cousas foinos prometendo, non cumprindo e xustificando no camiño iniciado no 2014…eses denominados críticos a cada paso que damos encontramos mais motivos para replantexarnos que facer o día seguinte…ese mesmo partido, (o que ainda pertencemos), que agora nos xerou unha desazon emocional que é moi difícil de combater e que produce baixas non só nas súas propias filas de fieis, senón mesmo nas dos que fomos estigmatizados como críticos.
 
¿É posible conseguir unha nova ilusión?, ¿é posible loitar por un estado plurinacional?, ¿é posible conseguir aquilo que nos dixeron ao comezo Pablo Igrexas e Iñigo Errejon que entre todos poderiamos conseguir?...si, eu creio firmemente que  é posible, pero tamen creo que xa non con Podemos. É posible pero para evitar novos erros é necesario coñecer o pasado, coñecer como chegamos aquí, perdóeme o lector pero escribo desde as tripas, desde o corazón.
 
Unha parte dos “críticos” estivemos buscando unha identidade propia dentro do partido, primeiro con Bases Podemos que non cuajou por ter diferentes perspectivas naquel momento sobre como rexenerar Podemos…de alí naceron varias “familias ou correntes” internas, aquí en Galicia denominámola Xuntos Podemos porque unha gran parte de persoas de podemos formabamos ao tempo parte dunha plataforma cidadá anticorrupción chamada Xuntos, pero dita plataforma non puido resistir as incongruencias democráticas internas do partido e pediunos aire, decidiu separarse do camiño de algo que xa non era o que debeu ser, e tivemos que transformar o movemento en Podemos 15 M para que a plataforma Xuntos seguise o seu camiño.
 
Podemos 15 M naceu como un estrutura territorial Galega, pero a necesidade doutras xentes deste país de nacións chamado España fíxonos transformar a estrutura en estatal, tentando unha vez máis dar unha oportunidade a aquela ilusión que nos fixo levantar do sofá…e chegaron os documentos de Echenique, e chegaron os despedimentos das garantías democráticas dos equipos auditores externos nas nosas votacións, e chegou o noso particular 155 en Catalunya, atacando desde o centralismo ao noso líder Catalán, e chegaron os pactos de despacho, xa de forma descarada, e agora chega a presunta corrupción en Alcalá de Henares…que mais poderemos aguantar?.
 
Non nos quedan argumentos de defensa, xa non nos vale con ser os críticos, xa non chega con loitar dentro…ou se obtén un xiro de 360º inmediato ou mesmo a nosa credibilidade estará interdicto ante a sociedade. O dia 21 de decembro Catalunya indicaranos se as nosas análises, as nosas impresións, as nosas proclamas son certas ou non, o 21D teremos que ver, e oir aos cidadáns e pensar, o 21D será unha losa ou un aire fresco de esperanza, pero sexa como sexa haberá que tomar decisións para que podamos retomar o rumbo da ilusión, para que podamos traballar polas necesidades da xente que non quere loitas intestinais, que quere solucións aos seus problemas do dia a dia, teremos que ver que nos di o pobo catalá mallado polo réxime do 78 e abandonado pola ilusión do 15M.
 
Entenda o lector que este é unha análise intestinal do que subscribe, non é unha opinión do grupo, é unha análise das reflexións de quen foi nomeado portavoz dun movemento e que para selo ha de escoitar aos seus compañeiros, é unha análise do observado nos rostros, nos ollos lagrimosos da desilusión de centos de compañeiros, é unha análise do que escoito na rúa, pero a final de contas é unha análise persoal do que subscribe. Pero nesa desilusión segue habendo un brillo de esperanza, segue existindo un espírito de loita, un pensamento único, unha motivación por traballar, un pensamento en facer as cousas mellor, en non volver cometer erros, en realizar políticas máis sensatas, mais serenas, máis efectivas, en buscar fórmulas que consigan de verdade que os de abaixo se sentan representados, que poidan ter opcións nas que poder defender os seus dereitos, opcións de tombar as inxustizas diarias do réxime do 78…si, a ilusión existe, e si…é posible.
 
En Podemos 15 M démonos un impase, queremos escoitar á xente, queremos escoitar os susurros e non o ruído, queremos observar que din os cidadáns de Catalunya despois de sufrir un apaleamento aos seus dereitos, queremos escoitar que nos din os nosos votantes, e queremos tomar decisión…queremos ver que nos di o pobo e repensarnos, queremos ver se a vía escollida é a correcta e cara a onde hai que virar, en Podemos 15 M queremos traballar polos cidadáns e para facelo queremos escoitalos.
 
Aínda non podemos adiviñar cal será o noso destino, ese que decidiremos de forma asemblearia, ese que falaremos entre todos, ese destino que nos fará tomar decisións, decisións que nos farán tomar camiños diferentes segundo vaian nun ou noutro sentido, pero ao final de contas decisións tomadas en base ao que diga a xente, en base ás necesidades que demande o pobo, e decisións tomadas dunha vez e pòr todas entre os de abaixo e non dirixidas desde un despacho de Madrid…decisións non tacticistas e non equidistantes, decisións poida que arriscadas, pero decisións que nos farán tomar un camiño decidido de forma común…si que existe esperanza, si que existe ilusión, un futuro mellor aínda é posible, unha loita común polo dereito de todos aínda se pode conseguir, só faranos falta acertar no camiño elixido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA