Buscan a un veciño de Cedeira (A Coruña) após ser arrastrado polo mar na costa de Valdoviño

Un home de nacionalidade austriaca e veciño de Cedeira (A Coruña) permanece desaparecido desde as 19,00 horas deste domingo, 28 de xaneiro, após ser arrastrado polo mar cando se atopaba nunha zona rochosa da praia do Baleo, no municipio coruñés de Valdoviño.

Ferrol | 29/01/2018 | Actualizada ás 09:03 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home de nacionalidade austriaca e veciño de Cedeira (A Coruña) permanece desaparecido desde as 19,00 horas deste domingo, 28 de xaneiro, após ser arrastrado polo mar cando se atopaba nunha zona rochosa da praia do Baleo, no municipio coruñés de Valdoviño.

De inmediato deuse aviso ao 112, que mobilizou a efectivos de Salvamento Marítimo, cun helicóptero, e da Guardia Civil, onde as condicións do mar dificultaron os labores de procura, or o que se retiraron da zona cando xa era noite pechada.

Coas primeiras luces do día reactiváronse estas tarefas de busca, ás que tamén se uniron integrantes do parque de Bombeiros de Ferrol, que realizan este labor desde terra.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta