Por que José Enrique Abuín pode ser cambiado de prisión por terceira vez?

Tal e como adiantou Galicia Confidencial, a dirección da Lama pediu que se reconsidere unha nova ubicación fóra de Galicia ante o temor a que se descontrole a situación se é trasladado co común dos presos.

Por Xurxo Salgado | A Lama | 31/01/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

“O Chiclé”, o asasino confeso de Diana Quer, pasou do cárcere de Teixeiro ao da Lama e o seu percorrido polas prisións non rematará aquí. Segundo adiantou xa o GC hai quince días, a dirección do centro penitenciario de A Lama quere que volva ser trasladado a outro centro ante o temor de que sexa linchado por outros presos. O destino podía ser o penal de Salamanca ou Estremera.

Prisión de A Lama
Prisión de A Lama | Fonte: Pontevedraviva.com

Na Lama, José Enrique Abuín  atópase nunha "cela adaptada" na enfermaría do cárcere, lonxe doutros internos. Este é o proceso habitual cando se lle aplica a un preso o protocolo de prevención de suicidios.  Así, atópase nunha cela que ten unha parede de cristal na que se atopa un interno de apoio –e de confianza das autoridades do penal-- que o vixía. E, con este mesmo protocolo estivo tamén no cárcere de Teixeiro.

O “Chiclé” non se relacionou co conxunto da poboación reclusa desde que se atopa en prisión ante o forte temor que existe a que sexa linchado. Algúns reos mesmo lle teñen berrado desde os patios que cando o teñan preto “vai levar ben”. Estas ameazas contínuas fixeron que se manteña illado no módulo de enfermería. Fontes penitenciarias consultadas din que esta situación "non pode ser indefinida", nin manterse moito no tempo.

DEBERÍA SER TRASLADADO ANTES

Así, critican que Abuín non fora xa trasladado nun primeiro momento a prisions de fóra de Galicia. O protocolo habitual sería telo trasladado directamente ao Cárcere de Villahierro, en León, ou ao Centro Penitenciario de Asturias. Isto é o que acontece con casos similiares ao seu. Por iso, entre o persoal de prisións chamou a atención que fóra conducido á Lama, primeiro, e logo a Teixeiro. 

Insisten en que a presión mediatica do seu caso segue sendo moi forte e en ningunha prisión de Galicia “está a salvo” de ser agredido. Por iso aconsellan o seu traslado aínda que recoñecen que no novo destino tampouco se descarta que se continúe con esa presión e con cámaras e medios fóra do penal cando sexa visitado pola súa familia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta