Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/01/2011 | Actualizada ás 10:39
A CIG segue a preparar a folga xeral do 27 de xaneiro, que non secundan Comisións e UXT. Causa Galiza, a plataforma na que colaboran os independentistas, informa que participou esta semana nunha xuntanza organizada polo sindicato para "avaliar as medidas económicas e laborais que está a levar adiante, ou pretende aplicar, o goberno español".
A iniciativa soberanista expresou o seu apoio á folga xeral do 27 de Xaneiro, "así como a súa satisfacción porque a CIG contase coa Causa Galiza para este encontro". Na reunión con Elvira Patiño, secretaria de Organización da CIG, e Francisco Cartelle, secretario confederal de Coordinación de Campañas da CIG, participaron tamén representantes do Bloque Nacionalista Galego, Galiza Nova, Federación Rural Galega e os Comités.
Causa Galiza interpreta que CCOO e UGT están a negociar co goberno español, a patronal e os partidos políticos parlamentarios un auténtico pacto de estado formulado contra as nacións sen estado, a nosa clase traballadora e o noso movemento sindical nacional". Na súa opinión as consecuencias deste pacto van afectar a numerosos sectores do noso país, entre os que se encontran, entre outros, as pensións, a negociación colectiva ou as políticas enerxética e fiscal.rta ao impulsar unha dinámica de mobilización nacional.
Causa Galiza entende que, perante "as políticas liberais do goberno español e mais da administración autonómica", cobran especial relevancia as medidas de carácter económico e laboral contidas no Acordo Democrático Nacional (ADN) recentemente aprobado en Pontevedra, tales como "o Marco Galego de Relacións Laborais, o desenvolvemento económico autocentrado e sustentábel e o control dos recursos e do territorio por parte do Pobo Galego".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.