Concepción Arenal preside este mes a Praza de Mazarelos

O alumnado da Facultade de Filosofía co apoio do Concello de Santiago levaron adiante unha acción reivindicativa, coa que a figura de Concepción Arenal presidirá todo este mes a Praza de Mazarelos. Trátase dunha instalación exterior temporal que cubre con paneis fotográficos a estatua de Montero Ríos.

Por Moncho Mariño | Santiago | 06/03/2018 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

O estudantado de Filosofía constatou nunha serie de traballos realizados ao longo do curso a escasa presenza de mulleres en lugares recoñecidos dos espazos das urbes galegas. “E máis aínda, de mulleres asociadas ao coñecemento”, explicou a vicedecana da Facultade organizadora, Mª Nieves Herrero Pérez, para quen a acción é tamén unha maneira de “pór en releve a estreita relación entre filosofía e feminismo”.

Concepción Arenal
Concepción Arenal

No acto de inauguración da instalación, a catedrática María Xosé Agra explicou que se elixiu Concepción Arenal para valorizar  “a forza dunha muller intelectual, cunha obra recoñecida internacionalmente, precursora do feminismo e que mesmo tivo que disfrazarse de home para estudar a carreira de Dereito”. Agra manifestou tamén que “a historia intelectual das mulleres non está presente, non é recoñecida, e iso que compartimos todas xa o denunciaba Concepción Arenal na súa época”.

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo de Santiago, Marta Lois, recibiu con satisfacción o traballo dos estudantes. Para a responsable da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, Eva Aguayo, esta obra é en esencia, “un acto de reivindicación de espazos de recoñecemento de mulleres insignes”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta