A borrasca 'Gisele' deixa ventos de 138,6 km/h en Vimianzo (A Coruña) e 27 l/m2 en Coristanco nas primeiras horas

A borrasca 'Gisele' deixou nas primeiras horas deste mércores ventos de 138,6 quilómetros por hora no municipio de Vimiazno (A Coruña) e 27,4 litros por metro cadrado por mor das precipitacións na localidade coruñesa de Coristanco.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2018 | Actualizada ás 09:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A borrasca 'Gisele' deixou nas primeiras horas deste mércores ventos de 138,6 quilómetros por hora no municipio de Vimiazno (A Coruña) e 27,4 litros por metro cadrado por mor das precipitacións na localidade coruñesa de Coristanco.

Alerta laranxa pola chegada da borrasca Gisele
Alerta laranxa pola chegada da borrasca Gisele | Fonte: Europa Press

Segundo os rexistros de Meteogalicia, recollidos por Europa Press, até as 9,00 horas municipios con altitude menor de 900 metros rexistraron na mañá deste mércores fortes refachos de vento, ademais de Vimianzo, como Cedeira (A Coruña), con 127,9 quilómetros por hora; Cuntis (Pontevedra), con 116,9; Viveiro (Lugo), con 113,6; e Bueu (Pontevedra), con 112,5.

En localidades altas con altitude maior de 900 metros, o vento alcanzou os 109 quilómetros por hora na Veiga (Ourense), os 107,6 en Carballeda de Valdeorras e os 105,7 en Manzaneda, na mesma provincia.

En canto ás precipitacións, segundo os datos recollidos até as 9,00 horas, os rexistros máis significativos corresponden á provincia da Coruña, onde se acumularon 24 litros por metro cadrado en Santa Comba, 21,6 en Lousame, 19 en Zas e 14,8 en Val do Dubra.

Pola súa banda, en concellos situados en zona de montaña as choivas deixaron 12,2 litros por metro cadrado en Manzaneda e 11,6 en Muiños, na provincia de Ourense, e 11 litros en Rodeiro.

Ademais de alerta por vento, este mércores tamén está activa unha alerta amarela por choivas en zonas da Coruña, Pontevedra e Ourense; e por neve por encima dos 1.200 metros na montaña de Ourense e Lugo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta