O galego Dorado ascende á dirección das mocidades do PP

O Congreso das "Nuevas Generaciones" organizarase dentro de dous meses. Con todo, a dirección do PP acaba de filtrar o resultado final, tras a marcha de Nacho Uriarte. Vídeos no interior.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 17/02/2011 | Actualizada ás 02:26

Comparte esta noticia

Nacho Uriarte, deputado condenado por conducir borracho, deixará finalmente o cargo. O relevo indicado a varias axencias polo equipo de Mariano Rajoy está formado por unha andaluza, Beatriz Jurado, que será a presidenta, e o galego Javier Dorado, próximo secretario xeral.

Javier Dorado substituíu a María Seoane como líder das mocidades do PP galego este verán. Dorado é estudante universitario e traballa no gabinete da Consellería de Industria, que dirixe o vigués Javier Guerra. Así se presenta nunha videoentrevista colgada polo PP:

None

Dorado foi líder das Novas Xeracións en Vigo, logo na Provincia e despois gañou o Congreso en Galicia, co apoio do aparato do Partido e integrando aos rivais. Este é un vídeo dunha campaña das mocidades conservadoras nas eleccións á Xunta, no que Dorado chama ao cambio repartindo propaganda e preservativos:

 

Agora parece que ocupará a secretaría xeral a nivel estatal, mentres que a presidenta será Jurado. Un respaldo ao peso do PP galego e o andaluz na maquinaria da rúa Génova. Velaquí os artigos de Dorado publicados no GC.

None

Uriarte, un ano como presidente malia ser detido

O mandato de Uriarte finalizou en setembro de 2009. Tres meses despois era sorprendido conducido baixo os efectos de alcol. Como é aforado, foi o Supremo quen o xulgou e condenou hai un mes. É dicir, o PP mantívoo á fronte das mocidades máis dun ano mentres se resolvía o caso coa previsíbel condena de retirada do carné e multa por 2.400 euros. O Congreso celébrase agora con dous anos de atraso sobre o previsto, pero meses antes das eleccións locais.

Cada ano morren no Estado 900 persoas en accidentes causados por condutores ebrios.


 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

9 xuno

Dorado e jorge cubela (agora alcalde de cotobade) son dous bons exemplos do pior do PP. Xente de menos de 23 anos que non rematou a cadeira pero cunhas ganas enormes de ter un soldiño á conta dos contribuíntes sen prepararse. mentres tanto os seus compañeiros de promoción en dereito andarán acabando a carreira e buscando un traballo....¡¡¡qué panolis!!!

8 Perrecho

"Interesábame o servizo público", di no vídeo. Non me extraña. Vivir da Xunta con 21 anos sen ter acabado a carreira e enchufado a dedo ten que molar moito, moito. SUPER FUERTE DE LA MUERTE, TÍO.

7 Viriato

Outro sin oficio nin beneficio que vai a vivir da política, mentres os mellores do País van para Alemania e demais países da U.E., porque agora coa política Zapateril nin para a garda civil ou policía nacional. Teño moi claro e podedesvos decatar todos de acotío, botade unha ollada os tres líderes Feijóo, Vázquez&Vazquez. Con semellantes preas ¿a donde pensades que vai Galicia?: a cortaduría.

6 CranioF

Éste como o Uriarte. Curioso o da media melena nos xóvenes do PP, melena pero ben peinadiña. Pásalles como ás mulleres nacionalistas, co seu uniforme de feministas radicais (¡non vaia ser que nos tomen por mulleres-floreiros!). Estes rapaciños do PP pensarán "no vaya a ser que me tomen por pijo, voy a dejarme crecer el pelo un poco, pero no mucho". Tamén está o uniforme do perfeito militante varón de Galiza Nova: greñonas medio rizadas atadas nunha coleta, barbas bastante feas ou gafas, e en xeral, aspecto "indie" (polo menos era así ata hai pouco). xDDDD

5 Pardo de Cela

O caso deste rapaz é semellante ao do que hoxe é ministro, Pepinho Branco: un profisional da política que non fixo máis que comezar os estudos e que, nun futuro, o seu currículo vitae dirá que ten estudos de dereito. Non descartedes que remate de ministro, no estado e na xunta temos varios casos.

1 Black Crow

¿Y Paco Rodriguez, qué? Pues ya me dirás para que vale ser licenciado en filología hispánica si eres el baranda del bloque.

2 fazouro

Cal é o problema exactamente con que unha persoa se forme en filoloxía hispánica, traballe dando aulas (sufrindo tamén represión ao tempo) e despois sexa catedrático ao tempo que desenvolve unha actividade política? Canto clasismo.

3 mariñamansa

o problema de Paco Zarzuelas é que leva dirixindo a UPG (que é o mesmo que o BNG, CIGA, SLG -até hai un par de anos que se escapou e agora é Fruga-, Adega, Mesa, Federación AA. CC. culturais, etc.) desde os anos setenta. Son 4o anos no poder, na cabeza dunha organización con métodos dos setenta... Son máis anos que Mubarak, e iso non é decente!

4 CranioF

Son máis que Mubarak, son os de Gadafi...:)

5 Alfonso García

Si, oh, que o vaia deixando, que nin Stalin estivo tanto tempo (só 33 anos gabeado á burra). Paco, estaste encasillando e encastillando, nenu!

6 Porco Jones

Moi ben Manolos, ¿rematachedes coa felación mutua?....esas cousas fanse en privado tíos....