Feijóo dá por finiquitada a carreira como xuíz de Luis Villares por criticar a relación do PP con narcos

“Será quen de diferenciar o que é a presunción de inocencia cando non estea nesta Cámara?”, espetoulle ao líder de En Marea cando este suxeriu que serán xuíces os que acaben ditando setencias polas reunións de líderes do PP e ex presidentes da Xunta, como Albor, ou o propio Feijóo, con narcotraficantes, como xa fixeron co caso Bárcenas.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 11/04/2018 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, que non é xuíz, fixo de xuíz este mércores e tentou impartir unha sentencia, aínda que fora só de palabra. E o fixo contra un xuíz de carreira dende 2005, maxistrado do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional, titular no Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, no Xulgado Contencioso-Administrativo de Lugo e na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Luís Villares, na actualidade en excedencia por ser o voceiro de En Marea. E todo por apuntar que serán os xuíces os que coas súas setenzas metan aos políticos corruptos na cadea.

O presidente, Alberto Núñez Feijóo, no pleno do Parlamento de Galicia
O presidente, Alberto Núñez Feijóo, no pleno do Parlamento de Galicia

“Preocupame como é vostede e para alguén que intenta impartir xustiza é lamentable. Cando definitivamente marche da Cámara será quen de respectar a presunción de inocencia e de impartir xustiza?”, espetoulle Alberto Núñez Feijóo a un Luís Villares. E todo polas críticas que este fixo contra o PP ao tratalo de vinculalo con casos de corrupción e co narcotráfico.

O líder de En Marea criticou duramente, durante a sesión de control ao goberno na Cámara galega, a intención do Goberno de Rajoy de construir unha nova autovía que unirá o norte e o sur do país, no canto de rescatar a AP-9 e facela gratuíta. E esas críticas foron subindo de tono. “Supoño que vostede non está disposto a facelo porque non fai valer a súa autoridade en Madrid”, asegurou.

“Eses mapas de infraestruturas están feitos desde Madrid polos mesmos que falsifican masters –dixo en alusión a Cristina Cifuentes--”, apuntou. E engadiu, “e por iso non pide a dimisión de Cifuentes, nin do alcalde de Palas –condenado por prevaricación e acoso laboral--”, engadiu.

O PP E O NARCOTRÁFICO

Pero Villares foi máis alá ao apuntar a onde máis lle doe ao PP, a súa vinculación co narcotráfico. E criticou duramente a Feijóo e ao seu executivo por darlle a medalla do traballo ao ex presidente Gerardo Fernández Albor, “cando levaba tres anos sen vir a traballar ao Consello Consultivo --cobrando case 60.000 euros anuais--. Un presidente que ademais se reuniu cos capos galegos en Portugal”, apuntou en alusión a unha xuntanza que mantivera Albor en Vilanova de Cerveira con destacados contrabandistas de principios dos oitenta.

Luís Villares
Luís Villares | Fonte: Red Arnela

E, neste tira e puxa parlamentario, Villares acendeuse e insistiu nas vinculacións do propio Feijóo co narcotráficante Dorado. “Por que non fala do delegado do goberno que lle falou desas fotos?. Iso é encubrimento e un delito”, díxolle. Unha alusión directa ás preguntas que, primeiro Jordi Évole, lle fixo a Feijóo, e logo varios xornalistas galegos aos que lles espetou aquilo de que só lles contestaría “se tiveran un programa en La Sexta”. “Serán outros os que revelen os seus silencios incómodos, como se fixo no caso Bárcenas”, sentenciou Villares en alusión a que serán os xuíces os que acaben poñendo as cousas no seu sitio.

ENFADO DE FEIJÓO

“Aínda que vivira vostede dúas vidas non lle chegaría a altura da dignidade ao presidente Albor”, contestoulle Feijóo nun ton encendido que amosabe enfado e desprecio ao mesmo tempo. “Eu xa estou acostumado a isto”, díxolle en relación a que o vinculen co narco Dorado, pero criticou que tamén se tente “manchar” o nome do ex presidente Albor. 

Ata Geluco –Anxo Guerreiro, comunista e deputado de Esquerda de Galicia -- e Camilo Nogueira –líder de Unidade Galega e logo eurodeputado do BNG-- trataron con respecto ao ex presidente da Xunta”, díxolle. “E vostede ben aquí a mancillar o seu nome”, engadiu ao tempo que suliñou que con ese tipo de discuro “é normal que non o defenda ninguén” e que estea “só” en En Marea.  “Non me utilice a min para resolver a falta de autoridade que ten nese grupo”, engadiu. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

1 PAS PAN

En calquera país normal, véxase calquera da Europa Occidental, o que estaría acabada é a carreira dun político que sae nunha foto con un narcotraficante.

1 anonimo

Certo. Non no Estado Español; o Feijóo inda acabará de presidente ou vicepresidente no goberno de Madrid.