Funcionarios de xustiza acampan ante a sede da Xunta coas negociacións rotas desde a semana pasada

A nova medida de presión do comité de folga dos funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia, en folga desde hai 76 días, consiste nunha acampada ante San Caetano, a sede central dos servizos da Xunta.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2018 | Actualizada ás 12:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A nova medida de presión do comité de folga dos funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia, en folga desde hai 76 días, consiste nunha acampada ante San Caetano, a sede central dos servizos da Xunta.

Acampada  ante San Caetano de funcionarios de xustiza en folga
Acampada ante San Caetano de funcionarios de xustiza en folga | Fonte: Europa Press

A acampada reivindicativa prodúcese despois dunha nova rotura das negociacións entre ambas as partes a semana pasada, o que orixinou que o pasado sábado o comité de folga, integrado polos sindicatos SPJ USO, Alternativas na Xustiza CUT, UXT, CSIF, STAJ, CIG e CC.OO., rexistrase un novo escrito no que solicitaba á Xunta a "inmediata convocatoria" da mesa de negociación para retomar o diálogo.

Así mesmo, o pasado sábado sóubose que o presidente do comité de folga e representante de SPJ-USO, Manuel Tejada, renunciou a ese posto, cando están a piques de cumprirse dous meses e medio de folga, e após romper as negociacións o pasado mércores. Na convocatoria dos sindicatos difundida para este luns recoñecíase que pretenden unha "demostración de unidade do comité".

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta