Temas: INSTAGRAM

O galego Roi, de 'Operación Triunfo', o 'influencer' con máis 'engagement' en España

A empresa SamyRoad elaborou unha listaxe cos 'influencers' con maior engagement, é dicir, coa maior capacidade de chamar a atención da súa audiencia para inducir ás persoas que participen en conversas ou actividades.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 29/05/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O participante galego en OT, Roi, está considerado o influencer con máis pegada en España. Os influencers son as persoas con capacidade de influir en tendencias mediante o uso das redes sociais. A capacidade de captar a atención do público e sobre todo das persoas que seguen a ou o influencer denomínase engagement.

Roi Méndez
Roi Méndez

A verdade é que non é o mesmo ter unha grande masa de seguidores que ter unha alta porcentaxe de engagement. Isto último mide a capacidade do ou da influencer para consolidar as relacións entre eles e os seguidores ou followers. Esta capacidade mídese segundo as variables do momento. “Vemos que o engagement é un parámetro cuantitativo que mostra a hablidade do creador ou influencer no momento de captar a atención da súa audiencia, isto fai que participen nalgún tipo de conversa ou actividade” sinala Patricia Ratia cofundadora de SamyRoad. Esta é unha plataforma tecnolóxica que contacta influencers con grandes marcas e ao revés.

SamyRoad elaborou un ranking a partir das súas ferramentas que revela quen son os influencers españois con máis engagement nestes momentos en Instagram. O primeiro na listaxe é o galego Roi, participante en OT que ten o ratio de 511.000 seguidores.  Vicky Gómez, profesora de baile e participante tamén de OT é outra das influencers en oitaba posición. Na segunda posición está o mozo da influencer Paula Gono, Alex Chiner e en terceira posición o youtuber HiClavero.

Ranking de influencers por engagement:
1. Roi Méndez (roi_ot2017). Engagement 23%
2. Alex Chiner (alexchiner). Engagement 21%
3. HiClavero (hiclavero). Engagement 20%
4. Carla Laubalo (laubalo). Engagement 18,7%
5. Pablo Castellano (pablocastellano86). Engagement 18,2%
6. Vicky Gomez (vickygom3z). Engagement 17,28%
7. David Rees (davidrees). Engagement 17,21%
8. Izhan Go (izhan_go). Engagement 16,4%
9. María Valero (mariavalero22). Engagement 16,1%
10.  Judith Jaso (jasojudith). Engagement 15%

Temas: INSTAGRAM
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta